Xentes da Agra

Capoeira nas Conchiñas

Os sábados, nas Conchiñas, son unha sorpresa seguida. A semana pasada foi Donaire que animou a mañá con gaitas e bombos. Esta mañá foron un grupo de capoeira, músicos e danzantes, os que fixeron atronar o día e espertar as gañas de festa. En menos dunha semana, a FoliAgra repicará en todo o barrio. Xuño é mes da música no barrio.