Eu quixen escribir a miña historia, ese foi un dos textos que se leron onte (leuno Sofía, senegalega de boa fe) que arranca cunha cita de Chinua Achebe, o autor de Todo se esfarela. "Ata que os leóns non cren o seu propio historiador, a historia da caza só glorificará ao cazador", di Achebe. Foi na presentación de Ser Modou Modou, o libro no que o senegalego Cheikh Fayé conta a vida desde a praza do mundo, desde o barrio da Agra no que leva vivindo desde que chegou á Coruña. E faino en galego. Por que?, preguntáronlle onte unhas inmigrantes coma el. Porque para entender un pobo, para integrarse e querelo, dixo, hai que facelo na súa lingua. Unha proba de agradecemento de Cheikh a este barrio, a esta praza das Conchiñas onde o futuro deste pais xa se debuxa cada tarde. Onte foi unha especial. Os leóns senegalegos descubriron unha voz.
Última hora
- 14:03 h. Occidente está al borde de un conflicto nuclear directo, según canciller ruso
- 13:45 h. Galiza Nova presenta a súa campaña para o Primeiro de maio, día internacional da clase traballadora
- 13:26 h. O BNG urxe ao Goberno Local a desratizar a Travesía da Gaiteira ante as queixas da veciñanza
- 12:38 h. Análise literaria do pranto tradicional galego: unha achega desde a perspectiva antropolóxica e literaria
- 10:31 h. 10º aniversario de Roca Santiuste
Xentes da Agra
Escritura e vida na praza do mundo. As Conchiñas, xullo de 2017
Dereitos
Xentes de Oza
Violencia de género
Violencia de género