Buscar
04:50h. Domingo, 23 de Septiembre de 2018

30 de xaneiro, día escolar internacional da nonviolencia e da paz

A Livraria Suévia conmemora o Día da Paz cun Contacontos o próximo sábado 27

Lía Santiso,  interpretando a Bruxiña Magalia, será a encargada de achegar aos nenos e nenas historias relacionadas coa cultura da paz e da non violencia.

Cartaz-A-Sopeira
Cartaz-A-Sopeira

Con esta actividade a Livraria Suévia quere celebrar o Día da Paz e da Non Violencia, que se celebra en todos os Centros de Ensino o día 30 de Xaneiro, no que se conmemora a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948 .

O Contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir dos 3 anos e terá lugar na Livraria Suévia (r/ Vila de Negreira, 32) o sábado 27 de xaneiro ás 12.00h. A entrada é de balde ate completar aforamento