Buscar
09:36h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Emprego e Economía Social

A área de Emprego oferta novos cursos sobre redes sociais para persoas emprendedoras ou interesadas na materia

A concellería que dirixe Alberto Lema ofrece a posibilidade de cursar dous niveis diferenciados, básico e avanzado, que se impartirán neste mes de maio

Alberto Lema
Alberto Lema

A Concellería de Emprego e Economía Social ofrece, para este mes de maio, a posibilidade de realizar obradoiros formativos sobre o uso das redes sociais. Os obradoiros, que se dirixen especialmente a persoas emprendedoras, novas empresas así como a todas aquelas persoas interesadas na materia, teñen como finalidade dar a coñecer os principais recursos dispoñibles para potenciar a visibilidade, presenza e reputación en liña, e  para así poder acadar mellores resultados comerciais.

A área que dirixe Alberto Lema ofertará dous niveis de talleres, cuxas aulas impartiranse no Centro Municipal de Emprego dos Rosais. O nivel básico, que terá lugar entre o 21 e o 25 de maio, de 09.30 a 13.30 horas, afondará en cuestións como a identidade dixital, as principais plataformas e aplicacións e dará a coñecer as principais ferramentas para a xestión de contas e monitorización da reputación en liña. Pola súa banda, o nivel avanzado, que se impartirá do 28 a 31 de maio --en horario de 09.30 a 13.30 horas de luns a mércores, e de 10.00 a 13.00 horas o xoves-- estudará as posibilidades de Internet como canle de venda, de xeito que abordará cuestións como as relacións comerciais en Internet, o deseño comercial de páxinas web, a creación de tendas virtuais e implantación de pasarelas de pago.  

Para participar, pódese formalizar a preinscrición a través do teléfono 981 184 399 ou da páxina web municipal http://www.coruna.gal/papagaio/es/formacion