Nota de prensa | BNG

O Bloque exixe a convocatoria á maior brevidade do Consello da Memoria Democrática para impulsar o procedemento para a recuperación da Casa Cornide

As nacionalistas lembran que foi precisamente no Pleno de setembro do ano pasado onde se aprobou a primeira moción que instaba a iniciar os procedementos necesario para esta recuperación

O Bloque exixe a convocatoria á maior brevidade do Consello da Memoria Democrática para impulsar o procedemento para a recuperación da Casa Cornide
Casa Cornide
Casa Cornide

A Coruña, 12 de setembro de 2018. O BNG vén de lle solicitar ao alcalde esta mañá a convocatoria, á maior brevidade posible do Consello da Memoria Democrática para impulsar, dunha vez por todas, o procedemento para recuperar a propiedade da Casa Cornide.

Así, nesta solicitude, as nacionalistas argumentan que hai un ano, no Pleno de setembro de 2017, presentaban a primeira moción, que era aprobada en Pleno, na que se instaba a iniciar os procedementos necesarios para esta recuperación.

Do mesmo xeito, o Bloque lembra que posteriormente, no Pleno de xaneiro de 2018, aprobouse unha segunda moción, tamén presentada polo BNG, na que se instaba ao “Goberno da Xunta de Galicia, ao Goberno do Estado e ao Concello da Coruña, como propietario anterior á familia Franco, a adoptar as medidas pertinentes, e cantas fosen necesarias, para recuperar a propiedade da chamada Casa Cornide”, mais despois de se aprobar esta respectivas mocións, o cumprimento dos acordos seguen sen se efectivizar.

É por isto que a formación nacionalista demanda a urxente convocatoria do Consello co obxecto de que recuperar para o patrimonio público o edificio Casa Cornide á maior brevidade.

”O 11 de setembro de 2017 o BNG presentou unha moción no Pleno onde se propoñía «promover e facilitar nos ámbitos que proceda o iniciar o proceso para posibilitar a devolución do Pazo de Meirás e da Casa Cornide para a súa incorporación ao patrimonio público». Foi aprobada cos votos favorables do Grupo Municipal da Marea Atlántica, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e o propio noso. O adiamento continuado do comezo deste procedemento é inxustificábel, unicamente achacábel ao Executivo da Marea Atlántica, polo que lle solicitamos que axilice de vez, e sen máis demora, a recuperación dun patrimonio propio da nosa cidade espoliado directamente por Franco para o seu beneficio persoal”, conclúe a portavoz nacionalista Avia Veira.

O Bloque exixe a convocatoria á maior brevidade do Consello da Memoria Democrática para impulsar o procedemento para a recuperación da Casa Cornide