Buscar
22:02h. Lunes, 22 de Enero de 2018

CRITICAN A FALTA DE TEMPO PARA ESTUDAR OS ORZAMENTOS DE 2018

O BNG enmendará os orzamentos

As nacionalistas critican que a Marea dese a calada por resposta cando o 1 de decembro solicitaron por correo electrónico unha
copia dos orzamentos de 2018 para poder estudar con tempo a proposta do Goberno Local e remitir as súas propias achegas

Avia Veira, Concelleira do BNG
Avia Veira, Concelleira do BNG

Avia Veira: “Como levamos facendo desde principio de mandato quixemos transmitirlle desde o BNG todas aquelas achegas que nós vísemos oportunas, xa que logo, estivemos procedendo a elaboración dun documento, propositivo e en positivo, con todas aquelas cuestións que nos están demandando diversas entidades e asociacións da nosa cidade, así como daquelas actuacións que nós consideramos prioritarias na acción política municipal. Se o Executivo da Marea entende que ese é o xeito de traballar cos grupos da oposición logo non pode andar laiándose de que non atopa os apoios necesarios para as súas propostas porque, para o caso do BNG, non as coñecemos e non se nos facilita o labor de coñecelas”

O BNG pregúntase se o Goberno da Marea Atlántica considera lóxico e aceptábel que se proporcione aos grupos da oposición unha copia dos orzamentos 2018 cunha marxe menor dunha semana, dando por suposta a súa aprobación, e sen que se poida realizar unha análise rigorosa e pormenorizada do documento.

Deste xeito, a formación nacionalista amosa a súa decepción ao coñecer pola prensa que o Goberno municipal quere levar a Pleno o orzamento de 2018 antes de que acabe o ano cando o Bloque no seu momento solicitou que se lle fora facilitada unha copia do borrador no que estaba traballando o Executivo co obxecto de facer achegas ao mesmo.

“A finais de novembro a concelleira Eugenia Vieito dirixiuse a nós para que lle realizásemos achegas ao orzamentos municipais. Nós contestámoslle mediante un correo electrónico, o 1 de decembro, que lle remitiríamos as achegas, evidentemente, cando se nos enviase un borrador da proposta na que estaba traballado o Goberno co obxecto de poder estudalos con tempo. Porén, ese correo nunca foi contestado e menos entregada unha copia da proposta de orzamentos para o ano 2018, para logo ter coñecemento pola prensa que o Pleno vai ser convocado para a semana que ven e sen que a día de hoxe teñamos unha liña da proposta que se quere aprobar”, denuncia a Portavoz nacionalista no Concello da Coruña Avia Veira.

Así, desde a formación nacionalista xa avanzan que só poderán trasladar as súas achegas aos orzamentos a través de emendas, e sinalan que moi dificilmente se pode votar afirmativamente a un documento que se descoñece e do cal terán conta nas vésperas do seu debate, sen opción a poder facer un estudo amodo da proposta que se quere aprobar.

“Como levamos facendo desde principio de mandato quixemos transmitirlle desde o BNG todas aquelas achegas que nós vísemos oportunas, xa que logo, estivemos procedendo a elaboración dun documento, propositivo e en positivo, con todas aquelas cuestións que nos están demandando diversas entidades e asociacións da nosa cidade, así como daquelas actuacións que nós consideramos prioritarias na acción política municipal. Se o Executivo da Marea entende que ese é o xeito de traballar cos grupos da oposición logo non pode andar laiándose de que non atopa os apoios necesarios para as súas propostas porque, para o caso do BNG, non as coñecemos e non se nos facilita o labor de coñecelas”, conclúe a concelleira nacionalista Avia Veira.