Buscar
18:47h. Lunes, 15 de Octubre de 2018

Un modelo innovador que busca o empoderamento da persoa a través da estabilidade vital e residencial

A Concellería de Xustiza Social pon en marcha o programa de inclusión 'Housing First'

A concelleira Silvia Cameán destaca que a experiencia no centro Abeiro indica que hai “unha parte moi importante das persoas sen fogar que abandonaría esta situación se contase co recurso axeitado”. A metodoloxía da iniciativa, para a que se asinará un convenio de 100.000 euros coa Fundación RAIS e a Asociación Provivienda, aposta por comezar o proceso de reinserción coa asignación dunha vivenda, dotando ás persoas cun espazo dende o que reconstruír a súa vida.

Presentación de Housing First. Silvia Cameán, Daniel Fábregas e Maribel Ramos
Presentación de Housing First. Silvia Cameán, Daniel Fábregas e Maribel Ramos

Concello da Coruña | 28/05/2018

O Concello da Coruña poñerá en marcha un novo programa para a atención das persoas que están en situación de rúa no municipio, denominada Housing First, que introduce "un modelo innovador de loita contra o senfogarismo máis centrado na persoa, onde o piar sobre o que se articula a atención é a provisión dunha vivenda". A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, presentou este luns a iniciativa, que se desenvolve a través dun convenio de colaboración coa Fundación RAIS e a Asociación Provivienda de 100.000 euros, e que busca "o empoderamento da persoa a través da súa estabilidade vital e residencial e a disposición de espazos de reconstrución de vínculos afectivos e sociais". "Favorecer o acceso á vivenda é un paso imprescindible para que as persoas sen fogar recuperen a súa autonomía", apuntou a edil, que presentou o programa xunto ao responsable estatal do programa en Asociación Provivienda, Daniel Fábregas, e a directora da Unidade de Solucións da Fundación RAIS, Maribel Ramos.  

A concelleira enmarcou esta iniciativa dentro do "compromiso político ineludible na loita contra as desigualdades e a pobreza na cidade", un camiño no que destaca a posta en marcha o pasado ano do centro de baixa esixencia Abeiro, que atendeu durante o 2017 a 167 persoas, 142 homes e 25 mulleres. Unha experiencia que, segundo evidenciou Cameán, "permitiu comprobar que existe unha tendencia á continuidade no tempo das persoas que acceden ao centro". "É un dato moi relevante porque reflicte que unha parte moi importante das persoas sen fogar abandonaría esta situación se contase co recurso axeitado. E para nós, Housing First, é un recurso moi axeitado", incidiu a concelleira. O servizo de atención inmediata do equipo municipal de inclusión social detectou durante o pasado ano a 92 persoas sen fogar na cidade, "persoas que fan a súa vida as 24 horas no espazo público e que viven un proceso de exclusión social e de vulneración de dereitos".

Tal e como expuxo o responsable estatal do programa en Asociación Provivienda, Daniel Fábregas, o programa Housing First segue unha metodoloxía na que o primeiro paso é poñer a disposición da persoa sen fogar unha vivenda individual "en la que tiene capacidad de decisión sobre su vida y cómo quiere organizarse", ademais un programa de apoio "que ayude a alcanzar las metas que se fijen". Como explicou, este sistema recoñece o dereito á vivenda de todas as persoas e diríxese a aquelas que teñen maior vulnerabilidade, leven máis de tres anos en situación de rúa e teñan aparelladas outras situacións de vulnerabilidade, tanto relacionadas coa súa saúde física ou psíquica como as adicións. "Va dirigido a aquellas personas a las que les cuesta más sumarse a los itinerarios o las ofertas de servicios tradicionales que acompañan en los procesos de inserción", indicou Fábregas, que aclarou que outro dos puntos diferenciais con programas máis ao uso é que a vivenda non se utiliza como garantía para o seguimento dun itinerario de reinserción. "Cuando los cambios proceden de dentro de cada una de nosotras los resultados acaban siendo mejores que cuando obligamos a las personas a que inicien procesos sin ser deseados", avaliou. Neste sentido, Fábregas apuntou que o índice de retención de vivenda do programa, que leva unha década implantado en diferentes países da UE, é do 85%.

A directora da Unidade de Solucións da Fundación RAIS, Maribel Ramos, explicou pola súa banda que unha das condicións que se deben dar para que a persoa acceda ao programa é que presente a súa candidatura. Para iso, todos os axentes implicados no programa terán contacto coas entidades locais que traballan con persoas sen fogar, que servirán de ponte informativa. A fundación está xa a sondar o mercado de aluguer na cidade para captación de vivenda, que despois será asignada mediante un contrato de cesión de uso. O programa, que asume todos os custos da residencia, conta tamén cun programa de bolsas para a xente que non dispoña de ningún ingreso, mentres que as persoas que si os teñan achegarán un 30% para o sostemento do programa, "que es lo que debería suponer como máximo un alquiler sobre los ingresos". Como avanzou Ramos, as persoas que accedan a Housing First contarán cun apoio "que respetará sus ritmos y preferencias" e que lles fará, polo menos, unha visita semanal. Pola súa banda, as persoas usuarias comprométense a facer un bo uso da vivenda e a participar nunha avaliación.