Perigo de desprendementos de rochas en toda a contorna da Domus

O BNG interésase polas actuacións realizadas na contorna da Domus

As nacionalistas preguntan ao Executivo local a respecto da situación do noiro enfronte da Domus despois de estar valado nas últimas datas polo perigo de desprendementos de rochas en toda a contorna

O BNG interésase polas actuacións realizadas na contorna da Domus
Valado contorna da Domus 1
Valado contorna da Domus

Avia Veira: “Xa van varias semanas desde a colocación dun enreixado con varios sinais de advertencia que indican o perigo de desprendementos no perímetro da rúa Albert Camus. Demandamos do Goberno local explicacións a respecto da situación actual, se ten avaliado o risco de desprendementos e que tipo de actuacións está realizando para asegurar todos eses espazos”

O BNG vén de presentar unha batería de preguntas a respecto da situación actual da contorna da Domus.

Deste xeito, a formación nacionalista recolle a preocupación da veciñanza da zona, xa que logo, despois de se proceder a colocar un valado nas últimas datas polo perigo de desprendementos de rochas en toda a contorna da rúa enfronte da Domus, aínda non foi informada das actuacións previstas.

Neste sentido, o Bloque salienta que a única información a respecto do acontecido no noiro situado ao pé da propia Domus é a ofrecida polos sinais colocados no valado perimetral, que advirten de “perigos de desprendementos”, e aconsellan o emprego da beirarrúa oposta, estando un tramo de case 25 metros pechado ao acceso para peóns, e mesmo cun paso provisional para peóns para facilitar este transito.

Porén, e malia as advertencias destes desprendementos, advirten as nacionalistas, a circulación viaria non está cortada, polo que despois de varias semanas con este valado, aínda non se ten realizado ningunha actuación, o que motiva que presenten a iniciativa para que se dea conta dos traballos previstos nestes terreos.

“Xa van varias semanas desde a colocación dun enreixado con varios sinais de advertencia que indican o perigo de desprendementos no perímetro da rúa Albert Camus. Demandamos do Goberno local explicacións a respecto da situación actual, se ten avaliado o risco de desprendementos e que tipo de actuacións está realizando para asegurar todos eses espazos”, conclúe a concelleira nacionalista Avia Veira,

O BNG interésase polas actuacións realizadas na contorna da Domus