Policía Local

Detido por danos intencionados e resistencia grave a axentes da autoridade

-Ás 05.37 horas do día 29, unha patrulla da Policía Local foi requirida pola sala 092 para que se achegase á avenida do Porto, onde ao parecer, un individuo rompera o portelo dianteiro dereito dun taxi.

Detido por danos intencionados e resistencia grave a axentes da autoridade

Unha vez no lugar, a patrulla foi requirida polo condutor do taxi quen manifestou que un home, que se atopaba alí presente, fracturara o portelo dianteiro do taxi cun zapato, sen motivo algún. A patrulla falou co causante dos danos, un home de 32 anos, quen recoñeceu os feitos e indicou que o fixo debido a que o taxista non lle quería levar ao seu domicilio. O taxista manifestou a súa intención de denunciar os danos. Ao solicitarlle a documentación persoal para a súa identificación, o home manifestou carecer da mesma polo que os policías requiríronlle para ser trasladado a dependencias policiais a efectos de identificación, ao que se negou rotundamente nun principio para máis tarde acceder ao vehículo policial. Unha vez iniciada a marcha no vehículo policial, o mozo comezou a golpear o biombo interior e e os portelos dando patadas e puñadas polo que a patrulla tivo que deter o vehículo patrulla para evitar danos no vehículo e ao abrir a porta traseira este home golpeou con forza ás persoas actuantes, tratando de escaparse. O home foi retido polos axentes, esposado e detido ao tempo que foi informado dos dereitos constitucionais que lle asisten. Esta persoa foi trasladada a dependencias policiais para a súa posterior disposición ante a autoridade xudicial, quedando custodiado nos calabozos policiais e sendo denunciado por un concurso de delitos: danos intencionados e resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.

Detido por danos intencionados e resistencia grave a axentes da autoridade