Buscar
22:00h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Na recarga da app de pagamento da ORA

Foi a denuncia social e as exixencias da oposición as que evitaron o recargo no cobro da ORA

O Grupo Municipal do BNG salienta que foi a denuncia social e as exixencias da oposición as que obrigaron ao Goberno municipal a mover ficha e evitar o “abuso” do cobro dun 10% en cada recarga da app de pagamento da ORA

Avia Veira
Avia Veira

Para as nacionalistas, é significativo que o Goberno da Marea Atlántica en inicio manifestase públicamente que todo fose debido aos pregos dando por perdida a batalla e sen estudar a fondo a proposta técnica da concesionaria da ORA

Á espera de que haxa maiores explicacións por parte do Goberno municipal na Comisión de Mobilidade que mañá terá lugar a instancias do BNG, e diante do anuncio de que o Concello logrou que a concesionaria da ORA asumise o custo das comisións que pretendía aplicar no servizo de pagamento por móbil -tal e como se recolle nunha nova da web municipal-,o Grupo Municipal do BNG salienta que foi a denuncia social e as exixencias da oposición as que obrigaron ao Goberno municipal a mover ficha e evitar o “abuso” do cobro dun 10% en cada recarga da app de pagamento da ORA.

Por outra banda, para as nacionalistas, é significativo que o Goberno da Marea Atlántica en inicio manifestase publicamente que todo fose debido aos pregos dando por perdida a batalla e sen estudar a fondo a proposta técnica da concesionaria da ORA.