Buscar
07:42h. Lunes, 18 de Junio de 2018

A PROPOSTA DO BNG NA COMISIÓN DE REXENERACIÓN URBANA

O Goberno municipal revisará o proceso do concurso de compra de vivendas

esde o Bloque da Coruña manteñen que esta revisión é precisa porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia

As nacionalistas sinalan que se manterán vixilantes para que a revisión se produza en aplicación axeitada das bases que rexeron o concurso e demandarán información sobre os pasos que se vaian seguindo

Tal e como o BNG propuxo na Comisión de Rexeneración Urbana, finalmente o Goberno municipal revisará o proceso do concurso de compra de vivendas.

“Nada máis comezar a Comisión de Rexeneración Urbana propuxemos a revisión do proceso do concurso e aínda que o Goberno nesa comisión non concretou se o faría ou non, na Comisión de Transparencia, que tivo lugar posteriormente, manifestou que revisaría o proceso do concurso de compra de vivendas”, sinala Avia Veira.

Desde o Bloque da Coruña manteñen que esta revisión é precisa porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou axeitadamente as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia.

Por último, as nacionalistas sinalan que se manterán vixilantes para que a revisión do proceso se produza para a aplicación axeitada das bases que rexeron o concurso e demandarán información sobre os pasos que se vaian seguindo.