Buscar
10:01h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Para que o PP dea explicacións sobre se a recarga anunciada na app de pagamento da ORA

O Grupo Municipal do BNG solicita que se convoque a Comisión de Mobilidade

O Grupo Municipal do BNG solicita que se convoque a Comisión de Mobilidade para que o Partido Popular, como partido que estaba no Goberno no momento en que se redactaron os pregos de xestión do servizo de ordenación e regulación do aparcamento, dea explicacións sobre se a recarga anunciada na app de pagamento da ORA estaba recollida nos ditos pregos

Avia Veira
Avia Veira

As nacionalistas demandan asemade a presenza do interventor municipal na dita comisión para que informe sobre a legalidade do cobro dun 10% a maiores en cada recarga na app de pagamento da ORA

Veira: “Queremos tamén saber cales son os plans do Goberno Municipal para evitar este abuso”

En relación co anuncio do pagamento a maiores dun 10% da cantidade que se recarga na aplicación de móbil E-park a partir do 28 de febreiro e dado o silencio do Goberno municipal diante do que o BNG da Coruña sinala como un “abuso”, as nacionalistas en María Pita solicitaron esta mañá mediante correo electrónico ao Grupo Municipal do Partido Popular e en concreto á concelleira Begoña Freire, edila de Mobilidade no pasado mandato e actual presidenta da Comisión de Mobilidade, para que convoque a dita comisión.

Desde o BNG da Coruña manifestan que solicitan esta reunión porque queren que o Partido Popular dea explicacións sobre se a recarga anunciada pola empresa que desenvolveu e xestiona a app de pagamento da ORA estaba recollida nos pregos que regularon a contratación de xestión, na modalidade de concesión, do servizo de ordenación e regulación do aparcamento, tendo en conta que foi o anterior Goberno municipal quen redactou os ditos pregos, quen valorou as ofertas das empresas e propuxo a adxudicación da actual concesionaria.

As nacionalistas demandan asemade na solicitude a presenza do interventor municipal na dita comisión para que informe sobre a legalidade do cobro dun 10% a maiores en cada recarga na app de pagamento da ORA.

Por último, desde o BNG sinalan que o seu desexo de xuntanza da Comisión tamén persegue coñecer cales son os plans do Goberno Local para evitar este abuso.