Buscar
19:33h. Martes, 16 de Octubre de 2018

Nota de prensa

A nova sentenza sobre Nostián dálle a razón ao BNG

A nova sentenza sobre Nostián dálle a razón ao BNG en que a vía xudicial da lesividade era a correcta e en que eran precisas as auditorías previas para obter resolucións xudiciais favorábeis como a que se vén de facer pública

“O Goberno municipal do PP atendeu á proposta do BNG de aprobar a declaración de lesividade do acordo de 2011 en marzo de 2015, toda vez que todas as súas anteriores estratexias fracasaran”, lembran desde o Bloque

 

Nostián
Nostián

A Coruña, 7 de marzo de 2018.- Para o Bloque, a nova sentenza sobre Nostián dálle a razón ao BNG en que a vía xudicial da lesividade era a correcta e en que eran precisas as auditorías previas para obter resolucións xudiciais favorábeis como a que se vén de facer pública.

Cando o Goberno do Sr. Negreira decidiu revisar de oficio os acordos sobre a planta de Nostián tomados na Xunta de Goberno Local de 8 de abril de 2011, e que non contaron co voto favorábel dos membros da formación nacionalista no órgano de goberno, o Grupo Municipal do BNG manifestaba en nota de prensa considera que a vía elixida polo Goberno municipal para revisar a concesión de Albada é “errónea” e “xuridicamente dubidosa”.

As nacionalistas sinalaban naquela altura a través dunha nota de prensa enviada o 17 de decembro de 2011, que o procedemento de revisión máis atinado era o de lesividade, previsto no art. 103 da Lei 30/1992, o que permitiría que fose o Xulgado do contencioso o que resolvese a controversia. “Daquela tamén manifestábamos que o  razoábel sería agardar polos resultados tanto da auditoría técnico-ambiental como dos informes dos servizos para obter resolucións xudiciais favorábeis”, sinalan desde o Bloque da Coruña.

Ao ano seguinte, en novembro de 2012, en nota de prensa, o BNG sinalaba que o Consello Consultivo de Galiza lle devolvera o expediente ao Goberno Municipal e demandara como necesaria a auditoría que as nacionalistas reclamaban. Novamente, desde o Bloque reclamaban a vía da declaración de lesividade do acordo de 2011.

“Non foi até marzo de 2015 que o Goberno do Sr. Negreira aprobou a declaración de lesividade do acordo de 2011 -proposta en reiteradas ocasións polo Grupo Municipal do BNG- toda vez que as anteriores estratexias do Executivo municipal do PP fracasaran facéndolle perder o tempo ao Concello da Coruña”, lembran desde o Bloque.

O BNG conclúe que agora se ven os froitos da estratexia proposta xa que con esta sentenza se demostra que a vía da lesividade era a correcta e que as eran precisas as auditorías previas para obter resolucións xudiciais favorábeis como a que se vén de facer pública.