Urbanismo

As nove propostas da Comisión Aberta en Defensa do Común para o pleno do luns

Pide que o Concello interpele directamente aos ministerios de Defensa e Fomento para garantir a devolución gratuíta dos terreos que posúen na fachada marítima.

As nove propostas da Comisión Aberta en Defensa do Común para o pleno do luns
Ricardo Vales, portavoz da Comisión
Ricardo Vales, portavoz da Comisión

A Comisión Aberta de Defensa do Común deu hoxe un novo paso cara a conseguir do Concello da Coruña un compromiso firme e nítido coas demandas que distintos colectivos, movementos sociais e partidos defenden no seo da plataforma.

A Comisión remitiu a todos os grupos unha moción para o seu debate no pleno do próximo luns, 3 de xullo, considerando que “pasados xa quince meses, é hora de facer un balance deses acordos e do seu cumprimento”.

A Comisión reitera as súas demandas respecto dos terreos do Campo da Estrada, do complexo Solana-Hotel Finisterrre, dos peiraos e do vello cárcere. Mais agora pide actuacións concretas e intervención directa do Concello fronte ao Estado.

A proposta da Comisión resúmese nas actuacións ás que se insta ao goberno municipal para que:

1. O Ministerio de Defensa renuncie a poxas ou á venda das parcelas do Campo da Estrada.

2. Modifique o Plan Xeral de Ordenación Municipal para a posta en valor do Patrimonio Urbanístico e Arqueolóxico desa zona do Campo da Estrada.

3. Esixa á Autoridade Portuaria-Fomento a suspensión indefinida das poxas e a cesión gratuíta ou polo prezo simbólico de 1 euro da Solana e do Hotel Finisterre.

4. Verifique a propiedade municipal dos terreos do vello Cárcere da Audiencia, que hoxe ocupan parte das instalacións da Solana-Hotel Finisterre.

5. Inicie a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que impida a privatización do Hotel Finisterre.

6. Esixa a Fomento a cesión gratuíta de terreos da zona de servizo do Porto da Coruña (peiraos de Batería/Calvo Sotelo), así como do peirao de San Diego e a dársena de Oza, en canto fiquen desafectados.

7. Esixa ao goberno do Estado a elaboración dun novo convenio entre o Concello da Coruña e o Ministerio de Fomento antes de que remate 2017 para que sexa o Estado quen, con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, asuma o custo íntegro e as débedas da Autoridade Portuaria pola construción do porto exterior de Punta Langosteira e as súas conexións.

9. Se debate en pleno e se aprobe da Consulta Popular nos termos aprobados no Pleno de 6 de marzo de 2017.

Tamén se pide que os grupos se comprometan a “apoiar as iniciativas do goberno municipal na presentación dos recursos xurídicos necesarios para impedir esta actuación especulativa da Autoridade Portuaria e impedir a continuación da poxa” das instalacións da Solana-Hotel Finisterre.


Máis información respecto da disputa sobre os terreos:

> Dez razóns para asistir a manifestación do 7 de maio

> Risco de creba na Comisión Aberta de Defensa do Común

> Remata a acampada diante da Autoridade Portuaria

Coruña impulsa o proceso de consulta popular sobre os terreos portuarios

Rolda de prensa quinta feira


 

As nove propostas da Comisión Aberta en Defensa do Común para o pleno do luns