Vuelven los mercadillos urbanos | Entrevista a Alberto Lema, concejal de Emprego

Alberto Lema: "Os mercadillos urbanos funcionan porque hai unha especie de alegría, de vitalidade neles"

Este fin de semana comeza unha nova edición dos Mercadillos Urbanos que dinamizarán zonas comerciais e achegarán o pequeno comercio tradicional á clientela

Alberto Lema: "Os mercadillos urbanos funcionan porque hai unha especie de alegría, de vitalidade neles"
Alberto Lema
Alberto Lema

- Volven os Mercadillos Urbanos ¿en qué zonas vanse facer este ano?

- Esta iniciativa, que leva a cabo a Concellería de Emprego e Economía Social desde o ano 2016, desenvolverase nesta ocasión en seis zonas comerciais da cidade: Cidade Vella, Zona Oblisco, Distrito Picasso, Monte Alto, Conchiñas e Área Viva.

- En que datas?

- Empezamos este fin de semana, 1 e 2 de setembro, en Cidade Vella, na Praza da Constitución, coinicidindo coa Festa da Cervexa Artesá; o vindeiro, 8 e 9, en Obelisco, nos Xardíns de Méndez Núñez; o 15 e 16 en Distrito Picasso, na Praza de Vigo; o 22 e 23 en Monte Alto no Campo da Leña; o 29 e 30 na Praza das Conchiñas; e o 13 e 14 de Outubro na Área Viva, na Praza de Pontevedra.

- Por que hai zonas nas que funcionou moi ben o ano pasado nas que non se fai este ano?

- Por unha cuestión de orzamento. Os mercadillos a pesar da súa apariencia de ser instalacións non moi caras, teñen o seu custo. Facemos seis mercadillos.

- Está a haber boa acollida por parte dos comerciantes este ano?

- Sí, este programa e o de "Tendas a examen" son os programas que tiveron mellor acollida. Hai unha diferencia barrio a barrio, dependendo da vitalidade, do sentido comunitario, e da disposición de rúas céntricas e peonís que haxa.

- Entre todos os Mercadillos, cantos expositores van participar?

- Contando os 6 mercadillos, temos case 100 expositores, unha media duns 16 ou 17 comercios por mercadillo.

- Os Mercadillos o ano pasado funcionaron moi ben, os comerciantes quedaron moi contentos. Por que funcionan tan ben os Mercadillos Urbanos?

- É curioso, porque estamos na época da dixitalización e do comercio electrónico; hai formas de consumo moi innovadoras que eu creo que están incidindo moi negativamente sobre o comercio tradicional... O mercadillo é unha idea antiga, que remite no imaxinario da xente ás feiras, os mercados... é unha idea de proximidade, de exposición, que para o cliente resulta moi atractiva. Hai unha especie de vitalidade, de alegría, nos mercadillos. E creo que para os comerciantes tamén supón un reto "saír da casa"; esta é unha situación mais exposta, mais aberta, que se rompen barreiras que facilita un maior contacto entre cliente e vendedor. Para o cliente é unha situación amable, alegre, festiva e para o comerciante é unha oportunidade de saír e un reto.

- Faranse o ano que vén?

- Sí. Este é un programa que está moi asentado, moi maduro, que está ben encaixado no outono e na primavera que son épocas de tempada baixa; está maduro, como evento é innovador pero clásico. Non é fácil que se "gaste" pronto.

- En qué zonas se harán?

- Aínda non o sei, pero imos rotando e non repetindo, esa é a única norma que puxemos o principio. Buscaremos compensar: os que este ano non tiveron, que teñan mercadillo de novo.

- Algo que engadir?

- Estamos satisfeitos porque a resposta é moi boa. Entón quero animar a xente que aínda non participou a que o faga porque é unha oportunidade para descubrir outra maneira de estar no seu oficio, outra maneira de vender. E tamén, algo que observamos é que a xente volve a repetir.

Alberto Lema: "Os mercadillos urbanos funcionan porque hai unha especie de alegría, de vitalidade neles"