Buscar
22:01h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Foro da Soidades

Cómo as cidades do século XXI deberían abordar a problemática da soidade

Foro da Soidade, sesión participativa
Foro da Soidade, sesión participativa

Culminans así os encontros que, durante as últimas semanas, abriron espazos de reflexión colectiva nos que, a través de metodoloxías creativas, exploraron retos e novas ideas en torno ás circunstancias das persoas maiores que pasan a maior parte do seu tempo soas.

Estes “Encontros da Soidade” reuniron a profesionais dos servizos sociais públicos e de entidades privadas, cidadanía sensibilizada coa problemática e persoas maiores usuarias de distintos centros socioculturais da cidade.

XORNADA PÚBLICA 12 decembro

De 09:30h a 14h. Cun proceso de traballo dinámico e colaborativo, abordaremos a problemática da Soidade. Contaremos con persoas expertas convidadas tanto do ámbito da Xerontoloxía e Xeriatría, como doutros ámbitos tamén afectados pola soidade: persoas paradas de longa duración, persoas inmigrantes, discapacidade, mulleres coidadoras…

Faremos tamén unha mostra de experiencias relacionadas cos retos identificados nos “Encontros da Soidade”. E traballaremos na formulación de novas ideas.

Xa pola tarde (16:30h a 18:30h), realizaremos unha sesión de creación e prototipado rápido sobre as ideas seleccionadas para unha posta en común das principais conclusións do proceso de traballo desenvolvido nestes meses.

Inscríbete en i.gal/soidade. O ideal é que poidas participar na xornada completa, pero tamén podes inscribirte de mañá ou de tarde.

QUEN DESEXAMOS QUE PARTICIPE?

 

O Foro do 12 de decembro, pretende ser un espazo público de debate interdisciplinar, onde se poidan reunir axentes vinculados profesional ou persoalmente á temática da soidade en maiores, pero tamén calquera persoa que se sinta interpelada a participar no proceso, tanto para analizar os retos como para participar na xeración de propostas dende novas perspectivas.

Estamos a pensar, por exemplo en:

  • Profesionais de servizos sociais públicos, en especial do ámbito municipal.
  • Profesionais e activistas de entidades privadas que traballen na temática.
  • Persoas activas en asociacións sénior ou de persoas maiores.
  • Expertas, Investigadoras e Estudantes de Xerontoloxía e Xeriatría, Educación Social, Socioloxía, Antropoloxía, etc.
  • Axentes de áreas transversais como innovación social, novas tecnoloxías, comunicación, xestión cultural, práctica artística, dinamización sociocultural, etc.
  • Calquera persoa creativa que pense que pode achegar á temática unha visión diferente e que se sinta interpelada pola convocatoria.

Toda a información da convocatoria e das actividades está dispoñible AQUÍ.

O formulario de inscrición está dispoñible en i.gal/soidade