Buscar
06:53h. Lunes, 20 de Agosto de 2018

CORUÑA DIXITAL

Culturas presenta o 'Kit de Activación Dixital'

O "Kit de Activación Dixital" é unha ferramenta web que permitirá poñer en común recursos para profesionais da docencia, a cultura e o activismo “que teñan interese en desenvolver proxectos de divulgación”

A iniciativa, enmarcada no programa 'Coruña Dixital', presentarase este sábado, 3 de febreiro, no Kiosco Alfonso, nun acto aberto á veciñanza

Kit de Activacion Dixital | Coruña Dixital
Kit de Activacion Dixital | Coruña Dixital

Concello da Coruña | 10/02/2018

O programa municipal Coruña Dixital, impulsado pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, porá en marcha este mes de febreiro unha nova iniciativa, o Kit de Activación Dixital. A proposta é unha ferramenta web que pretende ser un punto de encontro e guía para por en común experiencias, retos e recursos cos que expandir novas prácticas culturais e activistas a través da creación e innovación audiovisual. Tal e como destaca o edil José Manuel Sande, esta iniciativa "supón un novo paso no camiño deste programa, que pretender visibilizar aos colectivos, espazos e eventos da cidade para aprender e exerimentar, en común, coa cultura dixital". A nova ferramenta está pensada, especialmente, para profesionais da docencia e dos espazos socioculturais, así como para as persoas vinculadas ao mundo do activismo e da divulgación, "co obxectivo de crear un espazo que permita sumar e achegar experiencias, dúbidas ou suxestións que favorezan o desenvolvemento de proxectos de investigación", sinala Sande.   

O Kit, que se presentará este sábado, 3 de febreiro, no Kiosco Alfono, é o resultado do traballo colaborativo de profesionais con ampla experiencia neste ámbito e con vinculación coa cidade, como son María Lobo, Roi Guitián e Cristina de la Torre, e que tamén conta con achegas de diferentes profesionais do audiovisual de da comunicación. "A idea deste Kit mantén, na súa base, a liña de traballo que se está a priorizar desde a Concellería, como é contar e apoiar o labor das e dos artistas, creadoras ou creadores locais, así como visibilizar e difundir as súas experiencias e que permitan avanzar na idea da Coruña como cidade de vangarda cultural", afirma o concelleiro.  

O acto do sábado, aberto á veciñanza, comezará ás 11.00 horas. Consitirá nunha presentación da proposta da man das súas responsbles e de Sergio Lago, coordinador de Coruña Dixital, e contará cunha visita guiada ao novo espazo web. Contra ás 11.30 horas, terá lugar unha rolda de pequenas presentacións de iniciativas galegas inspiradoras --da man de Airoá, VideodinamizArte, Olloboi, Gingko e Cristina de la Torre-- para todas aquelas persoas que traballan con cativas e cativos, mocidade, veciñanza e outros colectivos específicos e que queren achegarse ás ferramentas do audiovisual e a comunicación dixital para desenvolver proxectos eficaces e participativos, así como para profesionais do audiovisual e a comunicación dixital que buscan novos enfoques no seu traballo. Finalmente, ao remate desta presentación, abrirase un tempo de conversa aberta, concibida como un proceso de colaboración entre o público e os profesionais que desenvolven o Kit. "A idea é que as achegas, suxestións, ideas, e tamén dúbidas que se planteen este sábado, se incorporen ao Kit e o completen, de tal xeito que as usuarias e os usuarios, con independencia do seu nivel de coñecementos de audiovisual ou comunicación dixital, contribúan a completar o Kit de Activación Dixital", explica Sergio Lago.