Buscar
15:54h. Miércoles, 13 de Diciembre de 2017

AS XORNADAS DAS INTERDEPENDENCIAS TEÑEN A SÚA SÉPTIMA CITA ESTE MARTES 21 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 NO CENTRO CÍVICO DOS MALLOS DE A CORUÑA.

As Xornadas das Interdependencias péchanse cos exemplos de cooperación alternativa do Concello de Barcelona, Acampa e La Mundial

O ciclo de conferencias abertas -Xornadas das Interdependencias péchase o martes 21 de novembro ás 20:00 na Coruña (Centro Cívico dos Mallos), baixo o título “Alternativas, outros modelos de cooperación internacional”.

Cooperación Expandida
Cooperación Expandida

A sesión será presentada e moderada polo Alcalde Xulio Ferreiro e contará coa participación de David Llistar, (Director xeral de Xustiza global e Cooperación Internacional do Concello de Barcelona e autor da obra de referencia nas novas dinámicas de pensamento en cooperación internacional “Anticooperación” 2009) Rubén Sánchez (Xornalista e activista polos DDHH en representación do movemento cidadá da Coruña, Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio) e Mar Correa (especialista en políticas de cooperación internacional feministas, do colectivo de creación política La Mundial  e directora da área de equidade de xénero da Axencia Andaluza de Cooperación Internacional ó Desenvolvemento  até 2015).

A sesión xirará en relación aos novos desafíos das políticas de cooperación internacional que tradicionalmente impulsa a administración local e con eles os novos enfoques de acción que apostan pola cooperación de banda ancha e a implicación e participación cidadá nas políticas públicas de cooperación internacional dende o local.

As Xornadas das Interdependencias son parte do proxecto “Cooperación Expandida: A nosa cidade no S.XXI a nosa cidade cos Dereitos Humanos” que agora entra na súa última fase; coas derradeiras sesións da Aula Local de Cooperación (curso que realizan desde o 21 de setembro 33 participantes) e a preparación dos Eventos sectoriais finais a realizarse antes do nadal.

O proxecto Cooperación Expandida organízao o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) co patrocinio do Concello da Coruña.