Buscar
15:38h. Jueves, 16 de Agosto de 2018

#CUACRESISTE

O Encontro anual da Rede Estatal de Medios Comunitarios celébrase este ano na Coruña

O Xornalista Xabier Fortes, Premio Ondas 2017, inaugurará o evento cun coloquio sobre a situación actual da liberdade de expresión nos medios de comunicación

remc
remc

A Rede estatal de Medios Comunitarios- ReMC- celebrará esta fin de semana na Coruña o seu congreso anual, ao que están convocados case media centea de radios e televisións comunitarias de todo o estado. A asemblea celébrase os días 13, 14, e 15 de abril no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña.

“CUAC FM e a Rede de Medios Comunitarios convidan á cidadanía coruñesa a unirse a un encontro que porá o acento nas limitacións na liberdade de comunicación de xornalistas e activistas da comunicación”

O acto inaugural do Encontro Anual celebrarase ás 18:00 horas do venres 13 de abril, coa participación de María Navarro Limón (presidenta de la ReMC) e Roberto Ansede (presidente de Cuac).

A continuación terá lugar o coloquio “LIBERDADE DE EXPRESIÓN, AQUÍ E AGORA”, no que intervirán o xornalista de TVE de Galicia Xabier Fortes López,  Premio Ondas 2017 ao mellor presentador de Televisión; María Navarro Limón, presidenta da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) e Isabel Lema Blanco, membro do Consello de Dirección de AMARC-Europa e ex-presidenta de Cuac FM.

O coloquio celebrarase de 18:30 a 20:00 horas no salón de actos do centro cívico da Cidade Vella (rúa de Veeduría, 2 ) aberto á toda cidadanía, entrada libre, aforo limitado.

O sábado 14 de abril a partires das 10:00 comezarán os traballos internos da Asemblea da Rede de Medios Comunitarios, que continuarán pola tarde, ata as 20:00.  

Como colofón do Encontro anual da Rede de Medios Comunitarios en A Coruña, o domingo 15 de abril, CUAC FM despedirá aos visitantes da Rede de Medios cunha sesión vermú na sala Mardigras, coa actuación especial de dous monologuistas e cómicos da cidade: Víctor Grande e  Ángela Triana (ambos tamén socios de Cuac Fm). Acto Aberto a toda a cidadanía, entrada libre, aforo limitado. A partires das 13:00 horas.

Coloquio “LIBERDADE DE EXPRESIÓN, AQUÍ E AGORA”

13 de abril, 18:00 horas,  Centro Cívico Cidade Vella (Veeduría, 2)

  • - Xabier Fortes López (@xabierfortes), pontevedrés, xornalista, ex-director de La Noche 24 Horas, membro do Consello de Informativos de TVE. Premio Ondas 2017 ao Mejor Presentador de Televisión, “polo seu entusiasmo na defensa da verdade na redacción de informativos de TVE de Galicia".

  • - María Navarro Limón (@LimonRevoltoso) presidenta da Red de Medios Comunitarios (ReMC), ponente na Comisión Parlamentaria de Andalucía para a redacción da Lei Andaluza de Medios. Presidenta de Radiopolis (Radio Comunitaria de Sevilla) e membro do Foro Andaluz de Comunicación.

  • - Isabel Lema Blanco (@sabelabranco) membro do Consello Directivo de AMARC-Europa (Asociación Mundial de Radios Comunitarias). Ponente no Parlamento Europeo para a defensa do dereito á comunicación da cidadanía na Unión Europea. Investigadora e profesora na Universidade da Coruña, experta en procesos de innovación social e media literacy a través dos medios comunitarios. Ex-Presidenta de CUAC e actual membro do consello de coordinación de Cuac FM.