Buscar
23:52h. Domingo, 17 de Junio de 2018

UN GRUPO DE ADOLESCENTES BUSCA RESPOSTAS SOBRE A HISTORIA

Proxección do Documental "A Pegada dos Avós" en Palavea

O mércores 4 de abril ás 19h, proxectarase o documental "A pegada dos avós" no Centro Cívico Palavea, Praza Padre Busto, 1. 

Cartaz A pegada dos avós
Cartaz A pegada dos avós

“A Pegada dos Avós” É unha película documental que aborda a memoria histórica dende un punto de vista moi pouco tratado, quenes buscan respostas son un grupo de adolescentes estudantes do último curso de bacharelato artístico. Eles escollen as historias de José Villaverde e de Amada García para afondar nun tema sobre o que non tiñan case información.

Dende a súa mirada intentarán comprender o drama da guerra civil española,a dictadura, a represión e, como din eles “coñecer de primeira man o que non ven nos libros. A suas reflexións personais asimesmo quedan reflectidas no videoblog de cada un.

Ademáis os protagonistas logran falar con dous dos principais expertos neste tema: o escritor Manuel Rivas e o xuíz Baltasar Garzón.

  • DIRECCIÓN E PRODUCIÓN: Xosé Abad
  • GUIÓN: Xosé Abad e Sandra García Rey
  • MONTAXE: Sandra G. Rey e X. Abad
  • MÚSICA ORIXINAL: Marcelino Galán
  • VOZ SOLISTA: Estíbaliz Espinosa
  • SON DIRECTO: Manuel Maneiro-Zen Audio Pro
  • COORDINADOR DE PRODUCIÓN: Jorge Eiroa
  • CÁMARA: Alberto Castaño, Germán Tejada, Sandra García Rey, Marcos Cenamor, Brais Vieites, Xosé Abad
  • COORDINADOR FIGURACIÓN: Germán Tejada
  • DESEÑO GRÁFICO: Txema Mora
  • FOTOGRAFÍA DE RODAXE: Alberto Pérez Reino