Buscar
13:20h. Miércoles, 13 de Diciembre de 2017

AXENDA CULTURAL

Teatro no Ágora: Para espertar dun soño que escolleron por ti

Clásicos nunha hora (Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto) presenta “Casa de Bonecas” mañá xoves (20.00 horas) no Ágora poñendo o ramo á programación en torno ao Día contra a violencia machista.

Casa de Bonecas, por Clásicos nunha hora
Casa de Bonecas, por Clásicos nunha hora

“Casa de Bonecas”, a obra que escribira Henrik Ibsen en 1879, leva século e medio de representacións nos teatros de todo o mundo, adaptada a ducias de linguas, con montaxes diversas pero mantendo intacta a poderosa potencia da mensaxe. Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto resúmena en sesenta minutos nos que Nora vai quitando velos a súa vida con Torvaldo espertando dun soño que outros escolleran por ela na procura dunha vida plena, autónoma. Iria e Xoán Carlos, Clásicos nunha hora, xa representaron esta peza na Sala Gurugú, e mesmo ofreceron unha lectura dramatizada acompañando a Pilar García Negro nun acto dentro da campaña Lila Agra da Asociación de Veciñas. Clásicos nunha hora é unha compañía de teatro que fai teatro no barrio devolvendo ao teatro seu carácter popular, crítico e liberador. Teatro pleno e autónomo.

A segunda parte do espectáculo: mulleres pioneiras

Despois da representación, no mesmo escenario, a activista siria Fadile Tibisay, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, e a cantautora Adhara tomarán a palabra para lembrar a outras mulleres pioneira na loita feminista. Esta segunda metade do acto, de media hora de duración, rematará cunha actuación do grupo Adhara & Ritman.

Sorteo

As cen primeiras persoas que envíen a fotografía da súa entrada (impresa ou dixital) ao correo clasicosnunhahora@gmail.com entrarán nun sorteo dunha cesta de Nadal.

Casa de Bonecas, de Henrik Ibsen

  • Data, lugar e hora: Xoves, 30 de novembro. Centro Ágora. 20.00 horas.
  • Compañía: Clásicos nunha hora
  • Intérpretes: Iria Arias (Nora) e X. C. Mejuto (Torvaldo)
  • Duración: 60 minutos
  • Entradas: 10 euros (descontos para maiores de 65 anos, persoas desempregadas e mozas e mozos). Á venda en ticketea (https://www.ticketea.com/entradas-teatro- casa-bonecas- agora/) e no Centro Ágora.

Teatro con valoes