Buscar
15:52h. Miércoles, 13 de Diciembre de 2017

CO-LAB

Presentación da versión beta da Cousateca

O xoves 30 Novembro ás 5:00 p.m. - 7:00 p.m. naEscola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos – UDC, Campus de Elviña,A Coruña, 15071 + Google Map presentarase a versión beta da Cousateca, unha plataforma para compartir cousas.

Co–Lab2017_VersionBeta_cousateca_2x1
Co–Lab2017_VersionBeta_cousateca_2x1

Posta en Común da Plataforma para Compartir Cousas

  • Demostración da ferramenta Cousateca
  • Workshop “Que prestarías?”
  • Test coa ferramenta Emapic

Organiza: Enseñería sen Fronteiras, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de A Coruña | Aula Magna 1

A Cousateca é unha biblioteca aberta de cousas de todo tipo, onde a veciñanza pode compartir as súas, de xeito libre e aberto, organizándose a través dunha ferramenta en Internet.

Cousateca é unha biblioteca de cousas; sen embargo isto implica moito máis: acreditar o valor de uso das cousas fronte ao seu valor de cambio. Se ben é o mercado capitalista agárrase ao valor de cambio da mercadoría como ben acumulativo, o valor de uso, xa dende Marx, ten que ver con aquelo que pragmaticamente nos aporta a cousa alén da súa aura e cotización no Mercado.

Coa Cousateca quérense revalorizar as cousas que usamos a diario. Inundados como estamos de obxectos de todo tipo e ante o consumismo imperante, as cousas precisan revalorizar o seu uso e incluso a súa aura subxectiva, relacional, vencellante. E agora a tecnoloxía nos permite rexistrar de xeito moi preciso as disponibilidades e configurar reximes ou grados de préstamo probablemente mellor que nunca.

O concepto de valor de uso está  amplamente avalado pola Lóxica dos comúns (commons) que atopamos en sociedades tradicionais (os procomúns de comunidades de bosques e pescadores, entre outras) mais tamén pola lóxica das licenzas libres no ámbito da Cultura e o Software Libre. Efectivamente, licenzas como os Creative Commons responden a esta lóxica e permiten abrir os recursos a relacións máis amplas, alén da dicotomía da propiedade/non-propiedade, crea vencellos con outras obras, os derivados e outras atribucións, especifica toda unha serie de grados co-creativos e intensidades de recoñecemento que non está na simple adquisición dun ben no Mercado.

Entra na Cousateca en: cousateca.info

Máis información: blog.cousateca.info