Buscar
22:36h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Axenda cultural

A Livraria Suévia acollerá o xoves a presentación na Coruña de "Saturno tamén é deus"

Uxía Casal presenta na Livraria Suévia d'A Coruña, a nova edición ampliada de SATURNO TAMÉN É DEUS

Portada do libro
Portada do libro
  • Qué: presentación da edición ampliada do libro "Saturno tamén é Deus·
  • Cándo: xoves, 1 de marzo, ás 20:00h
  • Ónde: Livraria Suévia, R/ Vila de Negreira, 32 baixo
  • Intervirán
    • Uxía Casal, autora do libro
    • Emma Pedreira, escritora
    • David Cortizo, editor de Urco

O xoves, 1 de marzo, ás 20:00h, Uxía Casal presenta na Livraria Suévia d'A Coruña, a nova edición ampliada de SATURNO TAMÉN É DEUS, unha antoloxía de relatos desacougantes que recuperamos despois de vinte anos da primeira edición.

Nos catorce relatos que compoñen Saturno tamén é deus o descoñecido, a angustia, o medo e mesmo a morte aparecen como un elemento común, que asume unha condición protagónica e activa, con tal poder que son quen de converter os seres humanos en meros instrumentos dun xogo no que camiñan ás cegas polo fío que separa a loucura da cordura.

Catorce relatos de medo nos que a ben dosificada intriga ofrece unha conclusión sorprendente e inesperada que manterá a quen os lea coa sensación de non poder desprenderse deles.

Esta nova edición, que ve a luz 20 anos despois da primeira, inclúe, a maiores dunha coidadosa revisión da propia autora, un novo relato: «O pequeno Mario».