Buscar
22:30h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

O mércores 27 de decembro no Centro Social A Comuna

Presentación do libro: Operación “Cacería Verde” na India

O próximo mércores día 27 de decembro, as 20:00h, Adolfo Naya Fernández presentará na Comuna o seu libro: Operación “Cacería Verde” na India: As prácticas sociais xenocidas da estratexia de contrainsurxencia “Corazóns e Mentes”.

Operación Cacería Verde na India
Operación Cacería Verde na India

O libro está baseado no seu traballo fin de grao de Antropoloxía Social. "Este libro pretende explorar a hipótese de que a estratexia de contrainsurxencia denominada “Corazóns e Mentes” -aplicada en lugares como Malaisia, Kenya, Indonesia, Vietnam ou Afganistán-, que está a ter lugar na India baixo o nome de Operación “Cacería Verde” (Green Hunt, en inglés), comparte prácticas sociais que son similares ás practicadas nos xenocidios, tanto recoñecidos como non, e que no caso de varios Estados da India, baixo o pretexto da guerra contra a guerrilla maoísta -tamén coñecida como “naxalitas", estanse a producir contra estas militantes, as comunidades Adivasis, Dalits e activistas sociais por denunciar ditas accións."