Buscar
09:56h. Jueves, 19 de Julio de 2018

CRIMINALIZACIÓN DA LOITA POLOS DEREITOS HUMANOS

Acampa apoia a Helena Maleno

A política migratoria da Unión Europea bota ao Mediterráneo cada ano a decenas de miles de persoas. Moitas delas morren no xa coñecido como “Mare Mortum”.
Diversas Ong actúan tratando de salvar vidas no medio do acoso das autoridades europeas.

Rolda de prensa de Acampa nos Xardíns de Méndez Núñez
Rolda de prensa de Acampa nos Xardíns de Méndez Núñez

Helena Maleno, portavoz de Caminando Fronteras, traslada a Salvamento Marítimo os avisos que lle chegan cada vez que unha embarcación con persoas migrantes atópase á deriva entre Marrocos e España. Así, desde Salvamento Marítimo consideran que o labor de Maleno é “providencial” para as tarefas de rescate, para a salvagárda de vidas humanas... "Non esaxero se digo que posiblemente Maleno sexa a persoa que máis vidas salvou no Estreito". Así o aseguraba Miguel Zea, xefe do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Almería, nunha entrevista recente.

Con todo, Helena Maleno está a ser, segundo diversos medios, obxecto de acoso por parte da UCRIF (Unidade Central de Redes de Inmigración Ilegal e Falsidades Documentais) dependente da Policía Nacional, quen solicitou a colaboración de Marrocos facilitando un informe policial sen mencionar que xa foi descartado pola Audiencia Nacional española.

Helena Maleno compareceu ante o xuíz do Tribunal de Apelación de Tánxer, como investigada por un suposto delito de favorecer a inmigración irregular. Este delito leva penas de ata cadea perpetua.

Acampa pola paz e ou dereito a refuxio denuncia este proceso como un castigo exemplarizante para alguén que leva tempo denunciando as violacións de dereitos humanos nas fronteiras españolas e, de paso, como unha clara mensaxe a outros defensores de dereitos humanos. É un intento de criminalizar ás persoas que defenden o dereito á vida.

Desde Acampa queremos sumarnos á gran onda de apoio e trasladar a Helena todo o noso recoñecemento, agarimo e solidariedade ante a próxima comparecencia o 31 de xaneiro. Compartimos os principios de defensa do dereito á vida nas fronteiras e rexeitamos o acoso e a criminalización que se está facendo do traballo de Helena e doutras persoas defensoras de dereitos humanos.