Buscar
02:16h. Lunes, 18 de Junio de 2018

AXENDA SOCIAL

Actos en apoio ás persoas refuxiadas, en Galicia

Esta semana, o 26 de febreiro, cúmprense dous anos do tratado EU-Turquía en materia de refuxiados. Un tratado que vulnera os Dereitos Humanos.

Cartaz Coruña
Cartaz Coruña

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas organiza as Xornadas Refuxiados, Respostas Solidarias, para buscar alternativas viables de refuxio no noso país. 

Imos contar coa presenza en Galicia de Ernesto G. Maleno, de Caminando Fronteras, fillo de Helena Maleno, activista á espera de xuízo en Marrocos e con Alessandro Forino, das Redes Solidarias de Acogida de Madrid. Tamén con persoas sirias que chegaron a Galicia escapando da guerra e de voluntarias galegas nos campos de refuxiados de Grecia.

ACTOS EN VIGO

  • MÉRCORES 21, 18h:  Mesa redonda na casa da cultura, na Praza Princesa 2
  • SÁBADO 24, 18h: Manifestación da farola de Urzáiz 

 

ACTOS EN SANTIAGO

  • XOVES 22   
    • 12h. Encontro con Ernesto G. Maleno e Alessandro Forina na Facultade de Políticas
    •  20h. Mesa redonda na Facultade de Filosofía 
    •  21h ACTO en memoria das víctimas, na praza de Mazarelos
  •  DOMINGO 25
    • 12h. Concentración na praza do Toural

ACTOS EN A CORUÑA

  • VENRES 23  
    • 18h  Mesa redonda na sala cúbica do Edif. da Normal (Paseo Ronda, 47, 15011-A Coruña)

    • 19:30h  Proxección do documental e coloquio: "Tarajal. Desmontando la impunidad en la frontera Sur"

  •  DOMINGO 25 
    • 12h. Concentración na praza do obelisco

 ACTOS EN FERROL

  • SÁBADO 24   11h. Mesa redonda no local da Asoc. de veciños El Muelle

  Asistide e difundide. Temos que facer valer os Dereitos Humanos buscando respostas posibles na nosa terra a este drama humanitario.