Buscar
13:46h. Jueves, 19 de Abril de 2018

PERSOAS REFUXIADAS

Campaña de apoio a familias de persoas refuxiadas

Dentro do programa de acollida ás persoas refuxiadas sirias fuxidas da guerra e traídas a España para a súa protección e integración, actualmente hai dúas familias nun estado de total desprotección, abandono e nunha situación de vulnerabilidade extrema.

Acampa 2017
Acampa 2017

A administración pública incumpriu a maior parte dos compromisos establecidos para unha integración completa, digna e durable, descoidando aspectos tan básicos como a aprendizaxe do idioma e tan fundamentais como o apoio psicolóxico, a asistencia sanitaria ou o apoio legal e administrativo, imposibilitando que poidan atopar medios de vida que lles permitan ser autosuficientes.

Actualmente e sen previo aviso retiróuselles toda a axuda, deixándoas nunha situación de total desamparo e confusión: sen recursos, sen posibilidades económicas e sen apoio para a identificación dun itinerario laboral fundamental para a súa integración.

A situación actual é desesperada xa que ademais estas persoas están traumatizadas, moi afectadas psicoloxicamente polas vivencias da guerra.

Por todo isto, Acampa fai un chamamento á cidadanía para solidariamente paliar o que as institucións non fixeron.

___________________________________

PODES FACER A TÚA DACIÓN NO Nº DE CONTA:

  • Asociación Sociocultural Acampa
  • ES46 1491 0001 2530 0007 7549
  • - Indicando no ingreso: o teu CORREO ELECTRÓNICO / FAMILIAS REFUXIADAS
  • - O diñeiro recadado será entregado as familias directamente.
  • - Recibirás no teu correo, información do resultado da campaña.
  • - Esta campaña remata o vindeiro 5 de Abril