Buscar
19:30h. Martes, 16 de Octubre de 2018

O fotógrafo documental Alessandro Grassani compartirá a súa visión dos efectos do cambio climático en nalgúns dos países que radiografiou co seu obxectivo: Mongolia, Bangladesh, Quenia ou Haití

Cita política en acampa 2018 sobre el papel de los gobiernos ante la necesidad de reconocer el derecho a refugio por cambio climático

Os representantes do BNG, En Marea e mais o PSOE –nin Cidadáns nin o PP atenderon a invitación de Acampa- sentarán á mesa-debate para contestar dúas preguntas: Onde está a política? e “Son posibles as respostas globais?” (Ás 20 horas, na carpa central)

Instalación do campo de persoas refuxiadas nos xardíns de Méndez Núñez
Instalación do campo de persoas refuxiadas nos xardíns de Méndez Núñez
  • Unha hora antes, tamén na carpa central, se abordará “A crise dos rohingyas” da man de dous expertos que nos achegarán a realidade do problema vista sobre o terreo, Andrés Zaragoza, de Amnistía Internacional, e Patricia Trigales, de Médicos Sen Fronteiras
  •  Ás 17.30 hs, na carpa de audiovisuais, será proxectado o documental “Sinto afogar”, dirixido por Hussein Nakhal e David Habchy para a ONG Médicos Sen Fronteiras

 

A inauguración de Acampa 2018, ás 11 da mañá, será o punto de partida dunha xornada que permitirá entrar a fondo no leitmotiv da presente edición: o dereito a refuxio por cambio climático. Un dos protagonistas do día será o fotógrafo documental Alessandro Grassani. Ás 12.30 horas realizará unha visita guiada pola súa exposición “Migrantes ambientais: a última ilusión” (Kiosco Alfonso), e xa pola tarde, ás seis, volverá a facela esta vez acompañado do coordinador de Acampa, Xosé Abad, quen ofrecerá unha charla na que debuxará a súa visión dos gravísimos efectos do cambio climático en países como Mongolia (habitado por pobos eminentemente nómades), Bangladesh, Quenia ou Haití.

Informes de Nacións Unidas sinalan que, en trinta anos, entre 250 e 1000 millóns de persoas migrarán por causas ambientais. Esa é a emerxencia humanitaria real do planeta nas próximas décadas. Uns migrantes que non buscarán novas nacións adiñeiradas, senón recursos económicos nas zonas urbanas das súas mesmas nacións, xerando saturación, desbordamento e aumento dos niveis de pobreza. A pesar diso, lembra Acampa, ningún Estado ten a día de hoxe recoñecido o dereito a refuxio por cambio climático.

A tarde tamén dirixirá o foco a outras dúas arestas do mesmo poliedro, o papel que hai que esixirlles aos políticos e os estados para que se recoñeza o dereito a refuxio por cambio climático, así como á crise de miles de rohingyas desprazados e abandonados. Andrés Zaragoza, de Amnistía Internacional, e Patricia Trigales, de MSF, achegarán a realidade que se está vivindo en Myanmar nunha charla que estará presentada por Cristina Ramallo, de AI, e conducida pola xornalista de La Opinión de A Coruña, Gemma Malvido.

BNG, En Marea e PSOE dan a cara. Representantes destes tres partidos (Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento galego; Ricardo García Mira, deputado socialista no Congreso, e Antón Gómez Reino, de En Marea e deputado de Unidos Podemos nesa mesma Cámara) participarán no debate que será conducido polo xornalista da cadena SER Nico Castellano e mais a sindicalista Mabel Pérez Simal. Nin Cidadáns nin o PP contestaron á invitación de Acampa para sumarse a este debate que se fai dúas simples preguntas respecto ao dereito a refuxio por cambio climático: onde está a política? e son posibles as respostas globais?

Visita guiada polo campo de persoas refuxiadas

Acampa 2018 abrirá as súas portas mañá xoves ás 10.30 horas. A actuación musical de Cora Sayers servirá de marco á inauguración formal, a cargo da actriz Cristina Igresias, ás once. Seguidamente, ás 12, as autoridades convidadas e o público asistente terán a oportunidade de percorrer o campo de refuxiados simulado que a organización instalou nos Xardíns. Marga González, de Amnistía Internacional Galicia, será a encargada de orientar esa visita guiada para que os participantes coñezan a realidade do día a día de millóns de refuxiados.

Nesta primeira xornada de Acampa, a sala de proxeccións acollerá, ás 17.30 horas, un pase do documental “Sinto afogar”, dirixido por Hussein Nakhal e David Habchy para Médicos Sen Fronteiras.

O programa do día rematará como se iniciou, con música, xa que ás 21.30 horas e tamén ás 22.30 horas, están previstos os concertos de Quenvessendo e Exit. A cita, na carpa central.