Buscar
10:09h. Jueves, 19 de Julio de 2018

CONCENTRACIÓN ENTORNO Á CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS DERITOS HUMAMOS

Polo dereito ao asilo / refuxio

Concentración entorno á conmemoración do día internacional dos deritos humamos: POLO DEREITO AO ASILO/ REFUXIO.

LUNS 18 de DECEMBRO ás 19:30h na Praza do Toural, Santiago de Compostela.

Coa participación de Uxía Senlle

 

 

refugiados
refugiados
Na Concentración, á que se sumarán Amnistia Internacional, o Seminario Galego de Educación para a Paz, Médicos do Mundo e ás Marchas da Dignidade entre outras persoas e colectivos, faremos lectura dun Manifesto no que entorno á data de conmemoración dos dereitos humanos, recordaremos para revíndicar a necesidade do seu estricto cumprimiento, o palmario incumprimento do dereito ao asilo/refuxio (artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos) que veñen realizando nos últimos anos os gobernos da Unión Europea e en concreto o goberno español.

Contaremos coa participación de Uxía Senlle, que lerá o Manifesto acordado polas organizacións convocantes.

O xoves 14 de decembro unha mesa redonda no Centro Social de Sar ás 20:00 h con participación do migrante senegalés Dijbril Faye e o avogado compostelán Gonzalo Gesto, completaran os actos convocados pola Rede. 

CONVOCAMOS AO CONXUNTO DA CIDADANÍA COMPOSTELÁ A PARTICIPAR NESTE ACTO DE SOLIDARIEDADE E DE REVINDICACIÓN.