Buscar
02:15h. Lunes, 18 de Junio de 2018

CENTRO CÍVICO NOVOBOANDANZA

Actos polo Día da Muller no Centro Cívico Novoboandanza

Do 5 ao 12 de marzo de 2018, celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Centro Cívico Novoboandanza. C/ Monasterio de Bergondo, 13, 15010 A Coruña. Teléfono 981 189 884. ccnovoboandanza@coruna.es

CC Novoboandanza
CC Novoboandanza

AS TRES OLAS DO FEMINISMO MODERNO

Percorreremos a evolución do movemento feminista a través dunha exposición bibliográfica de obras e biografías dalgunhas das mulleres máis destacadas en cada unha das fases do movemento.
Días: do 5 ao 12 de marzo


PHOTOCALL: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Días: do 5 ao 12 de marzo

UNHA VIAXE POLA CORUÑA FEMININA

Dende a aula, faremos una viaxe polas rúas da nosa cidade que homenaxean a diversos referentes femininos da historia. Falaremos delas e as situaremos no mapa da nosa cidade.

  • Día: mércores 7 de marzo
  • Horario: 18:00-19:00 h.
  • Dirixido a: nenas e nenos entre 8 e 12 anos.
  • Custo: de balde
  • Inscrición: a partir do 20 de Febreiro, por orde de chegada na conserxería do centro cívico.
  • Prazas limitadas