Procura
18:33h. Xoves, 20 de Xullo de 2017

MÚSICA TRADICIONAL

Carapaus e Os Carunchos pecharán o domingo día 11 o FoliAgra

Festas da Agra |  Programa completo

Os Carunchos.
Os Carunchos.

A FoliAgra prepara a festa do 2017 para dentro de apenas dez días. Será no segundo fin de semana de xuño e con Carapaus e Os Carunchos como grupos estrela para o peche co concerto de música folk do domingo pola tarde.

Carapaus naceu en Compostela no 2010, gravou seu primeiro disco en Gondomar no 2012 e o último, polo de agora, no 2015. pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, cabo de pezas de composición asinadas por Emilio Lois. Sons tradicionais
que reproducen coplas populares e pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, cabo de pezas de composición asinadas por Emilio Lois. Sons tradicionais que reproducen coplas populares e tocan pezas populares e composicións propias, as de Emilio Lois. Xunto a el, forman o grupo Oli Xiráldez, Gustavo Couto, Sabela Galbán e Martiño Galbán.

Precisamente no último disco de Carapaus, titulado Déixao andar, participou Luis O Caruncho, co que volverán a compartir escenario nas Conchiñas. O resto dos Carunchos son Pablo, Alberto e Isaac. Veñen de Vigo, onde se formaron como grupo en 1994. 

Todas as actividades do programa son abertas a todos os públicos e gratuítas.

Este é o programa, a espera de algunha incorporación nestes próximos días:

Sábado día 10 de xuño

De 12.15 a 15.00 horas: FoliAgra Tabernas, con Tombalobos, Parabéns, Cantareiros do Naval, Lembranzas de Bergantiños, Macizas Centrais, Reviravolta, Birloque gaiteiros, Xirandela e As Maghúas. Paradas do percorrido: Adega ORDENES, Cafetería VECINO, Cafetería INTERNACIONAL, Adega O CORTIZO, Caf. DINQUEDin, Adega A GRADE, Adega CACABELOS, Cafetería CORUÑA, Cafetería A TERRAZA, Cafetería TIRITÍ-TIRITÍ, Mesón A XANELA e Cafetería SERRAMO

Os Viqueiras

De 17.00 a 18.00 horas: Paco Nogueiras, música infantil.

De 17.00 a 19.00 horas: Pasarrúas, con Os Viqueiras e Lembranzas de Bergantiños.

De 19.00 a 22.00 horas: Foliada Aberta nas Conchiñas, con Os Viqueiras, Lembranzas de Bergantiños, Tombalobos, Xirandela, Birloque gaiteiriños, As Maghúas, Os gaiteiriños, Cantareiras comTigo, Coro de Santa Comba de Veigue, Xebre, Do LaDo Do Sol e os que se acheguen.

Carapaus en Rianxo en setembro pasado

Domingo día 11 de xuño

De 11.00 a 20.00 horas: Feira de Produtos Ecolóxicos na rúa Barcelona.  

De 12.00 a 14.00 horas: Actuación musical (grupos por confirmar).

De 17.00 a 18.00 horas: Maxia e Humor, espectáculo cos ilusionistas Martín Camiña e Fani Triana. Nas Conchiñas.

De 20.00 a 23.00 horas: Foliada Folc nas Conchiñas con Carapaus e Os Carunchos.