Buscar
04:37h. Domingo, 23 de Septiembre de 2018

Axenda cultural

Actos puntuais mes de maio no Centro Cívico Os Mallos

Centro Cívico Os Mallos, Avda. Arteixo, 147 baixo, 15007 - A Coruña. Teléfono 981 184 365 ccmallos@coruna.es

Centro Cívico Os Mallos
Centro Cívico Os Mallos

O SON DA PRIMAVERA 2018 RECITAL DAS CORAIS DOS CENTROS CÍVICOS

MÉRCORES 2 DE MAIO ÁS 18:00 HORAS | SALÓN DE ACTOS C.C.M. OS MALLOS
ENTRADA GRATUITA CON INVITACIÓN | RETIRADA DE INVITACIÓNS NO CENTRO CÍVICO MUNICIPAL OS MALLOS

  • Allegro ma non troppo, do Centro Cívico Municipal de Monelos  
  • Arumes, do Centro Cívico Municipal de Monte Alto
  • Saraiba, do Centro Cívico Municipal dos Mallos

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS 2018

ESPAZO DE ENCONTRO: CENTRO CÍVICO MUNICIPAL OS MALLOS | MÉRCORES 2 DE MAIO ÁS 19:00 HORAS

Encontro aberto á cidadanía, onde debater e achegar propostas (en todos os encontros hai reservada aula  para o servizo de conciliación e servizo de interpretación de lingua de signos). Agardámoste!.

XÉNERO E DISCAPACIDADE

DÍAS 3, 7, 10, 14, 21, 24, 28 E 31 DE MAIO |  PREVIA INSCRICIÓN.

Neste obradoiro, achegarémonos á dobre discriminación que sofren as mulleres con discapacidade e á problemática específica da violencia de xénero así coma á Normativa Europea sobre Discapacidade.

CHARLA MINDFULNESS

SÁBADO 5 DE MAIO ÁS 11:00 HORAS | ACTIVIDADE GRATUITA.PREVIA INSCRICIÓN EN RECEPCIÓN.

Manuel Burque achéganos, unha vez máis, ó mundo da meditación e ós beneficios que a súa práctica pode ter en todas as actividades da nosa vida. Non o perdas!

LA TROVA CORUÑESA  CONCERTO SOLIDARIO

DOMINGO 6 DE MAIO ÁS 17.30 HORAS | SALÓN DE ACTOS C.C.M. OS MALLOS

MÚSICA POR ALIMENTOS: UNHA BOLSA=UNHA ENTRADA

A formación musical visítanos de novo para deleitarnos coa súa música nun concerto solidario en favor do Banco de Alimentos Rías Altas. Contamos contigo!

CHARLA E VISITA: PLANTAS QUE CHE COIDAN

MÉRCORES 23 DE MAIO. PREVIA INSCRICIÓN

Na nosa contorna podemos atopar unha gran diversidade de plantas con efectos beneficiosos para a nosa saúde e que poden formar parte da nosa dieta. Anímate a decubrilas!

MÁIS INFORMACIÓN EN RECEPCIÓN OU NO 981 184 364

DÍA DAS LETRAS GALEGAS PANEL CONMEMORATIVO

Ó longo do mes de maio estará exposto na planta baixa do centro para que poidamos coñecer os aspectos máis salientables da vida e obra de Mª Victoria Moreno, apaixoante e apaixoada escritora homenaxeada este ano para conmemorar a edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro o 17 de maio de 1863.