Sanidade pública

A Alcaldía da Coruña apoia as mobilizacións de SOS Sanidade Pública

SOS Sanidade Pública vai convocar unha concentración comarcal, no caso de A Coruña será no Obelisco, o próximo mércores 24 ás 8 da tarde, e una manifestación galega o 4 de febrero en Santiago de Compostela

A Alcaldía da Coruña apoia as mobilizacións de SOS Sanidade Pública
SGR_20180115_xulio_SOS_sanidade_G88B2396 (2)
Reunión co Alcalde e a Concelleira de Xustiza Social

Onte tiveon unha cita na Alcaldía da Coruña, na que estaban presentes Xulio Ferreiro, Alcalde de A Coruña, e Silvia Cameán, Concelleira de Xustiza Social e Coidados.

SOS sanidade pública A Coruña informounos das mobilizacións previstas e os seus motivos: 

  1. Fundamentalmente é a política sanitaria do PP, de recortes e privatizacións, que está tendo consecuencias no servizo sanitario prestado á cidadanía:
    • listas de espera no hospital
    • listas de espera en atención primaria
    • colapso das urxencias hospitalarias
    • non cobertura das ausencias nos servizos de atención primaria 
  2. e, por outra parte, SOS Sanidade Pública quere parar o proxecto de lei do PP de cambio da Lei de Saúde porque:
    • vai reducir a atención dos hospitais comarcais
    • reduce as posibilidades de participación da cidadanía na evaluación da sanidade
    • consolida a presenza dos intereses privados na investigación pública e na formación dos profesionales sanitarios.

Tanto o Alcalde como a Concelleira están de acordo na descripción da situación sanitaria, afirmando que apoian as mobilizacións e que respaldarán o posible a súa difusión e participación.

A Alcaldía da Coruña apoia as mobilizacións de SOS Sanidade Pública