Buscar
15:59h. Miércoles, 13 de Diciembre de 2017

O MARTES 31 DE OUTUBRO NO CENTRO CÍVICO MUNICIPAL OS MALLOS

4ª Xornada das Interdependencias: "Migrantes e refuxiadas"

As temáticas das Xornadas queren preparar á cidadanía para a comprensión de fenómenos globais que evidencian as interdependencias do planeta e as súas sociedades no S.XXI: da crise financeira global ao cambio climático, pasando pola permanente crise migratoria e de persoas refuxiadas ou a fame e pobreza crónica.

Cuarta Xornada
Cuarta Xornada

A cuarta xornada, o martes 31 de Outubro: "MIGRANTES E REFUXIADAS"

Belén Fernández Suárez; Doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña (UDC). É membro do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI). Profesora no Departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración da UDC. Imparte docencia no Mestrado Universitario en Migracións Internacionais e no Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada (UDC). As súas principais liñas de investigación son as políticas sociais e o Estado do Benestar, máis concretamente, as políticas migratorias e as políticas de integración de inmigrantes aplicando unha metodoloxía comparada.

- Cibrán Vázquez, Referente Provincial do Programa de Protección Internacional e Asilo de Cruz Vermella en A Coruña. É licenciado en económicas e Experto Universitario en Inmigración, Exclusión e Políticas de Integración Social

- Lía Álvarez Fouz; Avogada especialista en Protección Internacional. Actualmente traballa na ONG Accem en Coruña outorgando asesoramento legal e asistencia xurídica ás persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional residentes en A Coruña.

Dunia Belhoucine; Activista LGTBIQ+ arxelina e solicitante de protección internacional.

Moderación: Antía Pérez Caramés; Doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Actualmente é Profesora Contratada Doctora no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña e Coordinadora do Máster Oficial en Migraciones Internacionales (MOMI). 

As Xornadas das Interdependencias son abertas, gratuítas e parte do proxecto de participación cidadá en cooperación internacional “Cooperación Expandida: A nosa cidade no S.XXI, a nosa cidade cos Dereitos Humanos” promovido polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (www.igadi.gal) coa colaboración do Concello da Coruña ata finais deste 2017.

A Cooperación Expandida é unha experiencia colectiva para a cidade da Coruña no contexto da axenda internacional das Nacións Unidas 2015-2030 (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e a crise de persoas migrantes e refuxiadas. Cal vai ser o teu papel?