Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

Aberto até o 27 de novembro o prazo de candidaturas ao premio Marcelino Liste

As entidades e persoas da comarca da Coruña deberán enviar as súas propostas á Concellería de Culturas do Concello herculino ou, vía mail, ao enderezo electrónico [email protected], entre os días 6 e 27 de novembro.

Aberto até o 27 de novembro o prazo de candidaturas ao premio Marcelino Liste
Premio Marcelino Liste
Premio Marcelino Liste

BNG | Deputación da Coruña | 6/11/2017

Este luns ábrese o prazo para a presentación de candidaturas da primeira edición do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade, que se fallará a primeira semana de decembro, sendo entregado o galardón o día 15 e decembro no Club do Mar de Santo Amaro.

"Marcelino Liste é una figura inevitábel dos últimos anos da ditadura franquista e dos primeiros da Transición democrática, polas súas reivindicacións para mellorar as condicións de vida nos barrios coruñeses e tamén pola súa loita contra as ilegalidades urbanísticas na cidade", explicou Ricardo Vales, un dos representantes do Foro Cívico que se reuniu coa vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín e o concellal de Culturas, José Manuel Sande, na presentación do premio o pasado venres.

Manuel Monge, tamén en representación do Foro Cívico, solicitou que a entrega do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade se faga cada ano ao redor do 10 de decembro, co gallo do Día Internacional dos Dereitos Humanos.

Aberto até o 27 de novembro o prazo de candidaturas ao premio Marcelino Liste