Folga na sanidade pública galega

CIG-saúde informa á cidadanía do mantemento da folga na sanidade pública galega o xoves 2 e venres 3 de novembro

A folga na sanidade pública galega mantense os días 2 e 3 de novembro, tal como estaba convocada.

CIG-saúde informa á cidadanía do mantemento da folga na sanidade pública galega o xoves 2 e venres 3 de novembro
20171017_Cartaz_folga
20171017_Cartaz_folga

O anuncio feito por outros sindicatos da desconvocatoria da folga pode confundir á cidadanía e mesmo aos traballadores pero non é así, e queremos avisar de que é posible que haxa consultas ou algunha outra actividade que non se celebre, mantendo sempre os servizos mínimos para atender con responsabilidade a todas as situacións que precisen dunha asistencia sanitaria estes dous días.

Os traballadores, durante a folga tamén realizarán:

  • - unha concentración na rotonda do hospital de A Coruña o xoves 2 de novembro ás 11 horas e
  • - unha concentración diante da Consellaría de Sanidade en Santiago, tamén ás 11 horas, o venres 3

Hai motivos para esta convocatoria de folga. As condicións de traballo na sanidade pública fóronse degradando desde a chegada de Feijoo no ano 2009 dun xeito significativo, tal como sucede no resto da sociedade coa excusa da crise:

  • - Suspendéronse no ano 2010 uns acordos retributivos publicados no DOG no 2008. Implicaban para algunhas categorías unha subida salarial pero para novas categorías, como os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC), representaban o seu salario completo, impedindo desde ese momento (2010) que cobrasen un 20% de varios complementos.
  • - Está paralizada a carreira profesional desde o 2009 provocando, ao ir pasando os anos, grandes desigualdades retributivas nas mesmas categorías, desincentivando no lugar de ser un estímulo.
  • - Non se trata só de retribucións, senón de como se está a traballar (situación de precariedade con contratos por horas ou de medias xornadas para atender o que leva esperando varios días, anos de traballo eventual dun lado para outro e con salarios menores que o persoal fixo, traballando nas plantas do hospital co persoal de mínimos e con estrés diario para evitar riscos aos pacientes, perda de días libres, perda complementos na situación de baixa laboral,...).
  • - Tamén se pide que se pare coa privatización e a retirada do anteproxecto de modificación da lei de saúde de Galicia. A transferencia da actividade aos centros privados repercute moito no traballo na pública descapitalizando a mesma, con menos aparatos e menos contratacións así como tendo que facerse cargo dos pacientes cando hai problemas nos centros concertados.

CIG saúde, sindicato maioritario na sanidade pública galega e na área da Coruña-Cee, consideramos moi importante e necesaria a unidade sindical, pero non aceptamos o acordo asinado entre sergas e outras
centrais sindicais
o 25 e 27 de outubro. No mesmo fálase de iniciar unha negociación da carreira profesional que vai manter, para moito persoal, as desigualdades existentes, non conta co persoal eventual e esquece o resto de reivindicacións.

CIG saúde mantén a folga os días 2 e 3 de novembro porque así nolo pediron moitos traballadores, que están moi fartos da actual situación e queren recuperar os seus dereitos. Moitos traballadores que non aceptan o desmantelamento da sanidade pública e están dispostos a continuar coas mobilizacións máis alá destes dous días de folga.

CIG-saúde informa á cidadanía do mantemento da folga na sanidade pública galega o xoves 2 e venres 3 de novembro