Buscar
23:50h. Domingo, 17 de Junio de 2018

MARTES, 6 DE MARZO DE 2018 ÁS 19 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DA ONCE DA CORUÑA

8m Folga de mulleres para transformar a vida das mulleres

O Club Foro Cívico organiza unha mesa redonda en apoio á folga do 8 de marzo

Participantes:

  • Isabel Lema, da UGT
  • Tensi Álvarez, de CCOO
  • Susana Méndez, da CIG
  • Victoria Louro, da Marcha Mundial das Mulleres
  • Pilar Estévez, da Plataforma Feminista Galega
  • Presenta e modera: Mª Luz Canal, avogada e socia do Foro Cívico

Temos moitas razóns para facer folga:

Porque non queremos que haxa nin unha menos. Porque o noso traballo de coidados non se valora, nin se visibiliza. Porque non temos igualdade no emprego. Porque os nosos corpos seguen a ser mercantilizados. Porque a nosa sexualidade está colonizada. Porque queremos decidir por nós mesmas ser nais e non selo. Porque somos insubmisas ao sistema patriarcal. Porque non nos deixades parar. Para visibilizar que sen nós o mundo para.

SE PARAMOS TODAS, PARAMOS TODO!
DIVERSAS E XUNTAS, PODEMOS PARAR O MUNDO!
Folga laboral, de coidados, de consumo e estudantil