Buscar
23:44h. Domingo, 17 de Junio de 2018

AXENDA CULTURAL

ContaContos cheo de Lobos

A Livraria Suévia celebrará o próximo sábado un ContaContos cheo de Lobos e un obradoiro e elaborar plastilina ecolóxica

CartazContaContosLobos
CartazContaContosLobos

O vindeiro sábado 14 de abril, ás 12.00h, celébrase na Livraria Suévia (r/Vila de Negreira, 32) un ContaContos nos que os lobos son os protagonistas.

As historias están baseadas nos seguintes libros ilustrados:

  • Un conto cheo de lobos de Roberto Aliaga. OQO editora
  • El lobo culto de Becky Bloom. Edebé
  • Feroz, o lobo de Margarita del Mazo. OQO editora
  • Loboferoz de Patacrúa & Chené de OQO editora

Ao remate do contacontos, as nenas e nenos participarán un obradoiro de elaboración de plastilina ecolóxica.

Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.