Buscar
02:19h. Lunes, 18 de Junio de 2018

AXENDA CULTURAL

A Livraria Suévia acollerá un Contacontos polo Día Mundial da Natureza

Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar un Contacontos o próximo Sábado 3 de Marzo ás 12.00h,  dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos, para conmemorar o Día Mundial da Natureza

Contacontos polo Dia da natureza
Contacontos polo Dia da natureza

Contaranse varias historias, baseadas nos seguintes títulos:

  • Xaime é as landras de Tim Bowleyl, editado por Kalandraka
  • Sopa verde de Ângela Madeira , editado por OQO editora
  • A árbore da escola, editado por Kalandraka
  • O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas de Iago López editado por Xerais
  • A árbore xenerosa de Shel Silverstein, editado por Kalandraka

Ao remate do Contacontos realizarase un obradoiro no que as nenas e nenos decorarán unha maceta a partir de materiais reciclados e plantarán unha semente, que poderán coidar na súa casa.

Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.