Buscar
05:37h. Miércoles, 23 de Mayo de 2018

AXENDA CULTURAL

A Livraria Suévia celebra cun intenso programa de actividades dirixida aos máis pequenos/as o Día das Letras Galegas

A Livraria Suévia (r/Vila de Negreira, 32) ten organizado para a semana do 17 de maio, un intenso programa de actividades, centradas nos máis nov@s.

Ademáis, os negocios da rúa Vila de Negreira, lucirán nos seus escaparates obras da autora homenaxeada: María Victoria Moreno.

CantaContos
CantaContos
  • Exposición (14 ao 20 de maio) nos escaparates dos comercios de Vila de Negreira da obra de María Victoria Moreno.
  • Mércores 16 de maio ás 18.00h: CantaContos para Bebés con Pablo Díaz. Colabora o Concello da Coruña
  • Venres 18 de maio ás 18.00h: ContaContos animal + Obradoiro de Bolboretas
  • Sábado 19 de maio ás 12.00h: Concerto Didáctico + Obradoiro de Instrumentos Tradicionais. Colabora o Concello da Coruña