Buscar
23:02h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Axenda cultural

Na Livraria Suévia terá lugar un ContaContos pola Igualdade o próximo sábado

Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreira, 32) terá lugar un contacontos o próximo Sábado 10 de Marzo ás 12.00h, dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Baixo o título Contos pola Igualdade, contaranse varias historias, nas que se intenta achegar aos nenos e nenas a necesidade dunha igualdade real.

ContaContos pola Igualdade
ContaContos pola Igualdade
  • Qué: Contacontos pola Igualdade
  • Cando: sábado 10 de marzo ás 12h
  • Onde: Livraria Suevia, rúa Vila de Negreira, 32

Contaranse varias historias, baseadas nos seguintes títulos:

  • Max e os Superheroes de Rocío Bonilla, editado por Algar

  • Velliñas de Charo Pita , editado por OQO editora

  • O libro dos Porcos, de Anthony Browne editado por Kalandraka

  • Daniela Pirata de Susanna Isern editado por NubeOcho

  • Mamá al galope de Jimena Tello editado por Flamboyant

Ao remate do Contacontos realizarase un obradoiro no que as nenas e nenos deseñarán a súa Super-Heroe particular.

Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse