Buscar
09:52h. Jueves, 19 de Julio de 2018

RENDA BÁSICA UNIVERSAL

A Renda Básica revive o vello Forum Própolis este domingo

 

O centro social Forum Própolis, na Agra do Orzán, volverá a actividade este domingo coa programación matinal dun coloquio sobre a Renda Básica Universal, a proposta dun ingreso básico incondicional para todos e cada un dos cidadáns que vai e vén nos programas políticas da esquerda pero que mantén un debate vizoso no ámbito académico, que non se rende.

 

Cartaz 18 demarzo-01
Cartaz 18 demarzo-01

No soto da libraría de vello da rúa Barcelona, onde o taller de reparación de bicicletas, o almacén de libros e prensa, acubillo de inmigrantes e berce dunhas cantas iniciativas veciñais do barrio, na casa de Nicanor Acosta, republicano de honra, activista incansábel, comunista eterno e heterodoxo, a actividade parada hai tempo pola ameaza de despexo. Pasado o apuro, a Própolis ten intención de bulir. Este domingo, ás 11 da mañá, unha palestra que terá como condutores a Chucky Trillo, socióloga vinculada a Podemos, e aos activistas Fernando Martínez e Marta Díaz, vinculados tamén as mareas cidadás en Vigo, tratará o asunto da Renda Básica Universal. Será o primeiro acto político na Própolis despois de moitos meses, e tamén o primeiro baixo o paraugas da Rede de Solidariedade Popular, unha plataforma que aspira a coordinar aos movementos de base espallados polo país e tamén no Estado.

  • Renda Básica Universal. Palestra con Marta Díaz, Chucky Trillo e Fernando Martínez
  • Día: domingo, 18 de marzo
  • Hora: 11.00 horas
  • Lugar: Forum Própolis. rúa Barcelona, 115. Liñas de bus: 7 e 14.