Nota de prensa Emalcsa

Emalcsa adapta desde hoxe á rede ao maior consumo da tempada de verán

Trátase de manobras rutineiras, que se realizan todos os anos, para responder á maior demanda durante os vindeiros meses. Ao longo do día poderían chegar a darse episodios de turbidez, que son inocuos e desapareceran en poucas horas.

Emalcsa adapta desde hoxe á rede ao maior consumo da tempada de verán

Ao longo do día de hoxe, o persoal técnico da empresa municipal Emalcsa realizará manobras para adaptar a rede de subministro ao maior consumo da tempada de verán. Os traballos, que se realizan de xeito rutineiro todos os anos, preparan o servizo para cubrir sen problemas o incremento da demanda que se produce nos meses de calor.

A operación desenvolverase ao longo do día de hoxe e pode chegar a causar episodios puntuais de turbidez durante a xornada, por mor dos cambios na circulación de auga pola rede. No caso de darse, rematarán por desaparecer en cuestión de horas . De todos os xeitos, é importante recalcar que estas variacións na turbidez non afectan á salubridade da auga.

Emalcsa aproveita para facer un chamamento ao consumo responsable durante as datas do verán. A auga é un dereito do que toda a cidadanía pode gozar, pero tamén un recurso limitado que debemos coidar e protexer. Episodios como a seca que vivimos nos últimos meses de 2017 amosan que non é inesgotable.

Emalcsa adapta desde hoxe á rede ao maior consumo da tempada de verán