Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

A praza de María Pita acolle este sábado un acto aberto á cidadanía polo Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

O Concello convida a veciñanza, colectivos e entidades a sumarse á concentración, a partir das 11h, que terá lugar dentro da campaña ‘A Coruña en Negro contra as Violencias Machistas’, e que se pechará coa lectura dun manifesto por parte do alcalde da Coruña

A praza de María Pita acolle este sábado un acto aberto á cidadanía polo Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
ACoruña en negro
A Coruña en negro contra as violencias machistas

Concello da Coruña | 23/11/2017

A praza de María Pita acollerá este sábado, 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, unha concentración aberta á cidadanía para visibilizar en común e mostrar o rexeitamento ás violencias machistas, dentro da campaña 'A Coruña en Negro contra as Violencias Machistas', unha iniciativa na que participan 75 concellos e 3 Deputacións de Galicia. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, será o encargado de ler o manifesto, nun acto ao que o Concello convida a sumarse a todas as persoas, entidades e colectivos da cidade.

Desde a Concellería de Igualdade e Diversidade, impulsora desta iniciativa na cidade, chaman igualmente a acudir con roupa negra e cos materiais da campaña #ACoruñaEnNegro, que se poden descargar dende a web da propia concellería, http://www.coruna.gal/igualdade, ou en http://ennegrocontraasviolencias.gal, e tamén poden solicitarse directamente á oncellería a través do correo [email protected], ou ben recollerse o propio sábado 25 en María Pita, a partir das 11.00 horas, cando se procederá ao reparto de camisetas e materiais coa imaxe da campaña. Como tamén indican desde a área municipal de Igualdade e Diversidade, todas aquelas persoas que desexen participar pero que non poidan acudir á convocatoria poderán sumarse enviando unha foto súa, ou do seu equipo de traballo, con algúns dos materiais da campaña 'A Coruña en Negro'. Estas imaxes difundiranse a través das redes sociais municipais e formarán parte dunha galería vinculada á campaña. Tamén poden compartirse desde os perfís persoais empregando os cancelos #ACoruñaEnNegro e #ContraAsViolencias, que é a etiqueta común para todos os municipios de Galicia, e citando á Concellaría de Igualdade no perfil @IgualdadeCoruna.

A praza de María Pita acolle este sábado un acto aberto á cidadanía polo Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres