Buscar
22:00h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018
BNG
O Goberno da Marea Atlántica négalle o acceso ao BNG ao informe de dilixencias emitido pola policía local no que se basea a denuncia ás persoas incoadas polo despexo da Comandancia
Nota de prensa | BNG

O Goberno da Marea Atlántica négalle o acceso ao BNG ao informe de dilixencias emitido pola policía local no que se basea a denuncia ás persoas incoadas polo despexo da Comandancia

Logo de que as nacionalistas pediran acceso a estas dilixencias o Executivo basea esta decisión ao entender que [sic] “non é posíbel xuridicamente porque esas dilixencias forman parte do atestado policial que vai dirixido exclusivamente desde a policía local á autoridade xudicial”

No 87º aniversario da súa proclamación o BNG chama a celebrar a declaración da República galega
Nota de prensa | BNG A Coruña

No 87º aniversario da súa proclamación o BNG chama a celebrar a declaración da República galega

O Bloque denuncia a intención de agochar deliberadamente os acontecementos entre o 25 e o 28 de xuño de 1931 e alenta a dignificar e conmemorar unhas datas que deberían recollerse nos libros de historia e nas celebracións oficiais das distintas administracións publicas galegas
A formación nacionalista anima a pendurar a bandeira galega nas fiestras das casas para lembrar estas datas

 

O BNG participa en Acampa pola paz e o dereito ao refuxio
Acampa pola paz e o dereito a refuxio

O BNG participa en Acampa pola paz e o dereito ao refuxio

A organización nacionalista traslada os seus parabéns aos organizadores desta iniciativa que por segundo ano dá visibilidade á situación que se vive de cotiá nun campo de persoas refuxiadas desta volta coa temática do dereito ao refuxio por cambio climático

O BNG preguntará pola mobilidade no vindeiro pleno
Nota de prensa | BNG

O BNG preguntará pola mobilidade no vindeiro pleno

Avia Veira: “O alcalde presentou dez liñas de actuación para acadar unha mobilidade sostíbel ... Queremos saber cal destas se teñen concretado neste mais dun ano desde a celebración do foro, ou se estamos ante outro brinde ao sol, con moita proposta mais ningunha actuación real”

O BNG lamenta que o Goberno municipal siga adiando a elaboración do Plan de Inclusión Social
Nota de prensa do BNG

O BNG lamenta que o Goberno municipal siga adiando a elaboración do Plan de Inclusión Social

Avia Veira: “Desde o comezo de mandato levamos reclamando a elaboración dun Plano de Inclusión, e o intento de onte de aprobar a través da Fundación de Emalcsa unha externalización por valor de 25.000 euros só evidencia a indiferenza do Executivo da Marea Atlántica a respecto da inclusión na cidade. Corresponde ao Goberno municipal a través da Área de Xustiza Social facelo, e seguiremos exixindo que se acometa canto antes”