Novas da Agra

O 7 volve a Vila de Negreira que se amplía para os peóns

Dous meses despois do cambio de ruta, a liña 7 regresou a Vila de Negreira, aberta completamente a circulación desde onte e con beirarrúas e espazos máis amplos para os peóns. Pérdense prazas de aparcamento, pero a mobilidade xeral mellora. Ademáis das beirarrúas, tamén se acondicionaron os pasos de peóns e se colocou un banco na esquina con José Amor e se reparou o firme da calzada. As obras pararon en Vila de Negreira ao tempo que empezaron na rúa Gil Vicente, outra das que conflúen coa Ronda de Nelle.