PAZ E NONVIOLENCIA

O 2 de Outubro comeza a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia

O 2 de Outubro, día Internacional da Nonviolencia (día que naceu Ghandi), e día da Nonviolencia Activa na Coruña, comeza a 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia
O 2 de Outubro comeza a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia
Marisa Fernández, voceira da Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia na Coruña
Marisa Fernández, voceira da Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia na Coruña

O Equipo Base partirá de Madrid rumbo a Andalucía, África Occidental, África Oriental, América do Norte, América Central, Sudamérica, Oceanía, Asia, Norte de Europa e finalmente, Madrid, o 8 de marzo de 2020.

E simultaneamente en miles de cidades deste planeta haberá milleiros de actividades no marco da Marcha Mundial pola paz e a  noviolencia.

Os eixos desta marcha son:

  1. Tratado de prohibición das armas nucleares.
  2. Refundación das Nacións Unidas
  3. Plan de erradicación da fame
  4. Plan de Medidas Urxentes contra todo tipo de  supremacismo, racismo, segregación, discriminación e persecución por sexo, idade, raza, nacionalidade ou relixión.
  5. Promover unha Carta Democrática de Cidadanía Global, que complemente a Declaración de Dereitos Humanos.
  6. Incorporar a Carta da Terra á Axenda Internacional
  7. Promover a  Nonviolencia Activa.

"É necesario crear unha onda expansiva coa Paz e a Noviolencia. 

A violencia exprésase en todas partes, por suposto nas guerras, na violencia machista, no cambio climático, en como millóns de refuxiadas e refuxiados xóganse a vida todos os días, no racismo, na economía, e nun longo etc.

A violencia demóstranos que xera máis violencia e é un camiño que non ten saída. Cremos na necesidade de construír un camiño da Nonviolencia Activa, para poder cambiar de rumbo."

A Marcha na Coruña

"O 2 de Outubro no Centro Ágora, faremos o lanzamento da 2ª Marcha Mundial pola Paz e a  Noviolencia. Será unha gran festa, onde diversas organizacións e persoas da cidade atoparémonos para contar o desenvolvemento da Marcha e as primeiras iniciativas que se van a poñer en marcha" sinalou Marisa Fernández, voceira da Marcha Mundial na Coruña.

Aquí na Coruña, de momento xa contan coa participación de Mundo sen guerras e sen violencia,  Hortas de Feáns, Acampa, Anova, Asociación de Montañismo Independente, Amnistía Internacional, Asociación de Veciños do Ventorrillo, Academia  Sphera, Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Bloque Nacionalista Galego, CuacFM, Comisións Obreiras, Club Deportivo Latorre, Asociación de Comerciantes Distrito Mallos, o xornal dixital EntreNós, Movemento Feminista da Coruña, Forum  Propolis, Galicia Aberta, Oxfam Intermón, Podemos Galicia, a Pintora Lola Saavedra, Rebelión Aluminio, Solidariedade  Galega, Simbiose, Vangarda  Obreira e o grupo de empresas  Xeinfo. Hai máis colectivos que o están  deliberando nestes momentos e seguro que se suman moitos máis.

Tamén o Concello da Coruña adheriuse á MM e declarou 2 de Outubro Día da Nonviolencia Activa. E está a apoiar a Deputación. O Reitor da Universidade participará no Acto Institucional que faremos o 2 de Outubro no Salón de Plenos do  Concello. E con el esperan establecer tamén unha liña de colaboración coa Marcha.

O vindeiro mércores 2 de Outubro terán dous actos:

Un primeiro acto institucional no Salón de Plenos do  Concello pola mañá e pola tarde ás 20h o lanzamento da Marcha con todas as organizacións no Ágora.

Comentarios
O 2 de Outubro comeza a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia