PAZ E NONVIOLENCIA

26 de abril, ª Cadea humana de escolares pola paz e a nonviolencia

Dentro do contexto de actividades preparatorias da 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia, o vindeiro venres 26 de abril realizarase unha cadea humana de escolares.

26 de abril, ª Cadea humana de escolares pola paz e a nonviolencia
Cartaz Cadena Humana 2019
Cartaz Cadena Humana 2019

Participarán 3.500 nenos e nenas de 8 centros educativos da cidade: Calasancias, Escravas, Aspronaga, Compañía de María, Salesianos, Zalaeta, Santo Domingo e Salgado Torres.

A Cadea humana sorprenderá a veciñas e veciños a mañá do venres ás 12 h vendo a 3.500 mozos que están cheos de vida e alegría tomando unha postura fronte ao futuro, unha postura pola Paz e a Nonvio- lencia.

Comezará no Millenium e terminará máis aló da Domus. Pasaranse de man en man desde cada extremo da cadea unha bóla do mundo, que se unirán no centro da cadea: este mundo é noso e queremos coidalo.

A actividade foi organizada pola asociación Mundo sen Guerras e sen Violencia da Coruña, coa colabo- ración da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional, Acampa pola paz e ou dereito a Refuxio, a plataforma de voluntariado Simbiose, a ONG AIRE, a UDC Senior, e o Servicio Mu- nicipal de Educación da Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.

https://theworldmarch.org/segunda-cadena-humana-paz-no-violencia/#more-14581

Esta actividade desenvólvese no marco da 2a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia que percorrerá o planeta desde o 2 de Outubro do 2019 ata o 8 de Marzo do 2020 día internacional da muller e é unha ma- nifestación planetaria propoñendo as claves para desenvolver unha nova cultura a da Paz e a Nonviolen- cia.

O Concello da Coruña adheriu por unanimidade, no pleno municipal de abril, á 2a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia.

Comentarios
26 de abril, ª Cadea humana de escolares pola paz e a nonviolencia