Mundo sen Guerras e sen Violencia

Cinefórum sen fronteiras - Cinemabeiro

Mundo sen Guerras e sen Violencia celebra este venres día 29 a actividade CINEFÓRUM SEN FRONTEIRAS CINEMABEIRO promovida pola Fundación EMALCSA a través do seu programa CULTURA INCLUSIVA.

Presentarase a versión accesible do documental “O PRINCIPIO DO FIN DAS ARMAS NUCLEARES”

Cinefórum sen fronteiras - Cinemabeiro
Cineforum Cinemabeiro
Cineforum Cinemabeiro

O documental proxectado no Centro Galego de Artes da Imaxe forma parte dunha xornada onde se tratará nunha mesa redonda virtual o tema “Camiñando cara unha CULTURA ACCESIBLE” que conta coa participación de ASPACE, ASPRONAGA, FAXPG e maila ONCE A Coruña.

A mesa, que será online, será retransmitida durante a xornada no CGAI para posteriormente ser publicada en todas as canles de Mundo Sen Guerras e Sen Violencia e CINEMABEIRO.

    • A presentación da xornada correrá a cargo de Marisa Fernández, presidenta da asociación sociocultural Mundo Sen Guerras e Sen Violencia A Coruña.

    • O oscense Álvaro Orus, director do documental “O principio do fin das armas nucleares” fará a presentación do pase desta versión accesible para persoas con discapacidade auditiva e/ou visual.

    • Durante toda a xornada, contarase con intérprete de signos.

    • Gozaremos dunha edición especial de “La Radio de los Gatos” que promove ASPACE e realiza un equipo de persoas con parálise cerebral.

A xornada, organizada por Mundo sen Guerras e Sen Violencia, conta co patrocinio principal do programa CULTURA ACCESIBLE da Fundación Emalcsa e mailo Concello da Coruña. Utilizarase o CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE como espazo para realizar toda esta actividade presencial onde se manterán os máis estrictos protocolos anti Covid-19. Para acceder á sala será necesario presentarse con tempo suficiente e sacar entrada insitu. A proxección arrinca ás 19:30. A apertura de portas, media hora antes.

Comentarios
Cinefórum sen fronteiras - Cinemabeiro