paz e nonviolencia

Mundo sen Guerras e sen Violencia celebra o vindeiro venres día 26 a actividade Cinefórum sen fronteiras Cinemabeiro

Promovida pola Fundación Emalcsa a través do seu programa Cultura Inclusiva, presentarase a versión accesible do documental “O principio do fin das armas nucleares”

Mundo sen Guerras e sen Violencia celebra o vindeiro venres día 26 a actividade Cinefórum sen fronteiras Cinemabeiro
Cinefórum Cinemabeiro
Cinefórum Cinemabeiro

O documental proxectado no Centro Galego de Artes da Imaxe forma parte dunha xornada onde se tratará nunha mesa redonda virtual o tema “Camiñando cara unha CULTURA ACCESIBLE” que conta coa participación de ASPACE, ASPRONAGA, FAXPG e maila ONCE A Coruña.

A mesa, que será online, será retransmitida durante a xornada no CGAI para posteriormente ser publicada en todas as canles de Mundo Sen Guerras e Sen Violencia e CINEMABEIRO.

A presentación da xornada correrá a cargo de Marisa Fernández, presidenta da asociación sociocultural Mundo Sen Guerras e Sen Violencia A Coruña.

O oscense Álvaro Orus, director do documental “O principio do fin das armas nucleares” fará a presentación do pase desta versión accesible para persoas con discapacidade auditiva e/ou visual.

Durante toda a xornada, contarase con intérprete de signos.

Gozaremos dunha edición especial de “La Radio de los Gatos” que promove ASPACE e realiza un equipo de persoas con parálise cerebral.

A xornada, organizada por Mundo sen Guerras e Sen Violencia, conta co patrocinio principal do programa CULTURA ACCESIBLE da Fundación Emalcsa e mailo Concello da Coruña. Utilizarase o CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE como espazo para realizar toda esta actividade presencial onde se manterán os máis estrictos protocolos anti Covid-19. Para acceder á sala será necesario presentarse con tempo suficiente e sacar entrada insitu. A proxección arrinca ás 19 horas. A apertura de portas, media hora antes.

CINEMABEIRO SEN FRONTEIRAS

celebrarase no CGAI o día 26 de febreiro.

PROGRAMA

  • 19:30-19:35 Presentación del Cinefórum Sen Fronteiras por Marisa Fernández, presidenta de la asociación sociocultural Mundo Sen Guerras e Sen Violencia A Coruña. (Con intérprete de signos)
  • 19:35-20:15 “Caminando hacia una CULTURA ACCESIBLE”*. Mesa redonda online sobre la accesibilidad en la cultura que contará con intérprete de signos.
  • Participan ASPACE, ASPRONAGA, ONCE CORUÑA y FAXPG
  • La mesa será online a través de videoconferencia transmitida en el CGAI y luego será compartida en los canales de Cinemabeiro y Mundo Sen Guerras A Coruña en YouTube y compartida también en las respectivas RRSS .
  • 20:15-21:20 “El principio del Fin de las Armas Nucleares” (56’) será presentada en versión accesible por parte de su director Alvaro Orus y a continuación se proyectará. (Con interprete de signos)
  • 21: 20-21:30 Cierre de este Cinefórum por la asociación Mundo Sen Guerras. (Con interprete de signos).

 

Comentarios
Mundo sen Guerras e sen Violencia celebra o vindeiro venres día 26 a actividade Cinefórum sen fronteiras Cinemabeiro